menú

Series coas que despedir o ano

30/11/2018
Blog R

Na televisión R, temos unha chea de propostas para que a túa vena seriéfila tamén desfrute como se merece das festas.

Vis a Vis

FOX (dial 20) estrea a cuarta tempada de ‘Vis a Vis’ o luns 3 ás 22:00 h. Nos novos episodios, Altagracia, Saray e Zulema volven ingresar en Cruz del Norte, onde Sandoval, o novo director da prisión, impuxo un réxime de terror que non impide que Mercedes, que deixou atrás a súa inocencia, herdase o tráfico de drogas que no seu día lideraba Anabel.

The Oath

O domingo 2, a partir das 23:30 h, chega a AXN (dial 21) ‘The Oath’, unha serie centrada na cultura das cuadrillas. Cando un grupo de policías corruptos coñecidos como ‘Los Cuervos’ son arrestados, deben infiltrar a un topo do FBI entre eles ou enfrontarse á prisión. Protagonizada por Sean Bean (‘Juego de Tronos’).
instinct

Vikingos

Odín escoitou as nosas súplicas e o luns 3, ás 22:15 h, TNT (dial 22) estrea a segunda parte da quinta tempada de ‘Vikingos’. O desapiadado Ivar sin Huesos coroouse como monarca viquingo tras a fuxida de Bjorn, Lagertha e Ubbe, que se verán obrigados a forxar novas alianzas para sobrevivir.

Chicago P.D.

Calle 13 (dial 23) emite os mércores, ás 22:00 h, a sexta tempada da popular serie ‘Chicago P.D.’, un drama policíaco sobre un grupo de persoas que poñen a súa vida en xogo para protexer e servir. Os homes e mulleres da Unidade de Intelixencia do Departamento de Policía de Chicago enfróntanse co peor da cidade: o crime organizado, o narcotráfico, os asasinos de alto perfil…
instinct

Timeless

Coñeceron a Marie Curie, a Hedy Lamarr, a Houdini, a Kennedy, a George Washington, a Edison, coáronse na guerra civil norteamericana… Agora quédalles a viaxe máis longa de todos: a da despedida. ‘Timeless’ despídese en Movistar Series (dial 30) cun dobre episodio especial que pecha por completo a odisea a través do tempo de Lucy, Wyatt e Rufus.
instinct

The Cool Kids

Catro veteranos do mundo da comedia, un centro de xubilados e infinitas normas por infrinxir: así podería definirse ‘The Cool Kids’, a nova comedia que se estrea en FOX Life (dial 28) o mércores 26 ás 21:20 h.
instinct

Superstore

CLOUD9 abre de novo as súas portas ao público en Comedy Central (dial 24) o mércores 19 ás 23:50 h coa estrea da cuarta tempada de ‘Superstore’. Tras o escándalo, Amy e Ben volven tras un período de suspensión e deben enfrontarse á vergoña e ás bromas dos seus compañeiros.
instinct

Rake

O xoves 13 chega a quinta e última tempada da comedia legal ‘Rake’ a Sundance TV (dial 9). Nela veremos crises familiares e políticas, políticos a medio camiño entre a celebrity e o bufón, bancos corruptos, escándalos sexuais e mesmo decapitacións de ministros no cargo.

Superperdidos

‘Superperdidos’ volve a TNT (dial 22) en forma de maratón o sábado 15 e o domingo 16 de decembro, a partir das 09:00 h. Nesta terceira tempada, a illa convértese no escenario dunha partida xigante de Fortnite.
instinct

Los pilares de la Tierra

O domingo 16, ás 15:45 h, viaxamos na máquina do tempo ata a Inglaterra do século XII. TNT estrea a miniserie completa ‘Los pilares de la Tierra’, baseada na novela homónima. Tom Builder é un construtor cuxo soño é crear unha catedral; ao mesmo tempo, noutras esferas, un turbio segredo rompe coa sucesión ao trono de Inglaterra.
instinct

Esta é nosa mellor receita contra o aburrimento en decembro. Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.