menú

As mellores series para empezar o ano coa televisión R

08/01/2021
Blog R

Ano novo, series novas. Arrincamos o ano cunha chea de estreas e novas tempadas das mellores series na televisión R. Toma nota.

‘Coyote’

AXN estrea o luns 25 de xaneiro, ás 23:00 h, a serie ‘Coyote’, que narra a historia de Ben Clemens, quen se ve obrigado a traballar para as mesmas persoas ás que tratou de manter fóra do territorio estadounidense nos seus máis de 30 anos como axente da patrulla fronteiriza entre Estados Unidos e México.

‘Coyote’ é o traballo máis recente do actor Michael Chiklis, gañador dun Globo de Oro e dun premio Emmy polo seu papel na mítica ‘The Shield’.

‘El descubrimiento de las brujas’

Apetéceche unha mestura adictiva de fantasía moderna con vampiros, demos e bruxas, suspense, amores prohibidos, maxia e moita tensión sexual? Non perdas ‘El descubrimiento de las brujas’, a adaptación da triloxía de novelas ‘best seller’ de Deborah Harkness que chega a M. Series en xaneiro.

‘Intelligence’

A seguridade nacional non é para tomala a broma… ou si? COSMO estrea ‘Intelligence’ o venres 15 de xaneiro ás 22:30 h. Jerry é todo un personaxe: un axente da Axencia de Seguridade Nacional estadounidense (NSA) orgulloso e arrogante que cre sabelo todo e, segundo el, é un experto en todo o que fai. Jerry Bernstein está interpretado por David Schwimmer, que regresa á comedia tras o seu inesquecible personaxe de Ross en ‘Friends’.

‘FBI: Most Wanted’

Os mozos de ‘FBI: Most Wanted’ non se relaxan en xaneiro e volven a FOX a partir do xoves 7 de xaneiro cunha segunda tempada repleta de acción, emoción e adrenalina.

‘Lupin’

Coñecedes a Lupin? O soado ladrón de luva branca francés é o protagonista dunha nova serie, ‘Lupin’, dispoñible en Netflix dende o venres 8 de xaneiro e á que que podes acceder dende o deco 4K da túa televisión R. Inspirado polas aventuras de Arsène Lupin, Assane Diop proponse vingar a inxustiza sufrida polo seu pai a mans dunha familia rica.

‘La que se avecina’

Como afrontarán os veciños de Montepinar o ano novo? O venres 8 de xaneiro chegan a Amazon Prime Video os novos episodios da duodécima tempada da exitosa comedia española ‘La que se avecina’. Dispoñible tamén dende o noso deco 4K.

‘The Rookie’

A partir do mércores 13 de xaneiro, os mércores teñen como protagonista a Nathan Fillion en TNT da man da nova tempada de ‘The Rookie’. Reencóntrate con John Nolan, ese corentón ‘novato’ que decide dar un xiro radical á súa vida para dedicarse a patrullar as rúas de Los Ángeles como axente de policía.

‘Bull’

O Doutor Jason Bull reabre a súa consulta. Novos casos imposibles, máis clientes complicados e outros xurados aos que descifrar na quinta tempada do drama xudicial ‘Bull’, que se estrea en FOX Life o martes 12 de xaneiro.

‘Jersey Shore Vacaciones en familia’

O venres 15 de xaneiro, ás 22:30 h, MTV estrea a cuarta tempada de ‘Jersey Shore Vacaciones en familia’, onde os guidos e guidettes tentan facer fronte ao drama vivido despois da última tempada e tentar unir de novo á familia.

Xa ves que no 2021 podes seguir desfrutando das mellores series na televisión R. E se perdes algún capítulo, podes recuperalo ata 7 días despois da súa emisión con teloperdiste.

Feliz Ano!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.