menú

As 8 series que non podes perder en agosto

31/07/2019
Blog R

Ocórreseche algún plan mellor para este verán que unha boa dose de series na televisión R? Toma nota

“Fear the Walking Dead”

“Fear the Walking Dead” volve a AMC o luns 26 ás 22:10 h coa segunda parte da súa quinta tempada. Nun territorio sempre perigoso e inexplorado, a misión do grupo está clara; localizar aos sobreviventes e axudarlles a facer do que queda do mundo un lugar un pouco mellor. Alterará isto o desenlace da quinta entrega desta ardua aventura?

En Galicia no dial 2 e en León e Cantabria no dial 28.
instinct

“La casa de papel”

O Profesor e os seus están de volta. Os atracadores volven reunirse nunha entrega de infarto. Terceira tempada de “La casa de papel” en Netflix.

En Netflix, dispoñible a través do noso desco 4K.

“This is Football”

Por que levanta tantas paixóns o fútbol? O fútbol é máis que un deporte. Une a persoas de todo o mundo. “This is Football” é ??unha nova serie documental de 6 episodios. Dispoñible o venres 2 de agosto en Amazon Prime Vídeo.

En Amazon Prime Vídeo, dispoñible a través do noso desco 4K.

“Janet King”

Terceira tempada do thriller legal australiano “Janet King”. A fiscal terá que seguir de preto a unha rede internacional de crime organizado, xogo e corrupción; unha telaraña incriblemente complexa, onde se verán involucrados deportes de primeira categoría e os niveis máis altos da sociedade. Estrea o xoves 22 de agosto ás 22:30 h en Sundance.

En Galicia no dial 9 e en León e Cantabria no dial 42.

“The Outpost”

Continúan as aventuras de Talon, unha muller forte e a única sobrevivente dunha raza chamada “Blackbloods”, na segunda tempada de “The Outpost”. Tras derrotar a Dred e recuperar a Fortaleza, Talon e Gwynn prepáranse para a guerra inminente contra a Orde Primaria. Todos os martes ás 22:00 h en Syfy.

No dial 27 da túa televisión R.

“The Detail”

O 22 de agosto, ás 22:15 h, chega a TNT a serie “The Detail” por partida tripla. Tres episodios desta serie policiaca protagonizada por tres mulleres detectives estrela que traballan no departamento de homicidios da policía metropolitana de Toronto.

En Galicia no dial 22 e en León e Cantabria no dial 21.
instinct

“The Son”

O domingo 11 de agosto, ás 22:10 h, volve “The Son” a AMC. A familia McCullough terá que enfrontarse a novos ataques externos na segunda tempada deste cru western que conta con actores da talla de Pierce Brosnan.

En Galicia no dial 2 e en León e Cantabria no dial 28.

“The Affair”

Todas as historias teñen un final. Movistar Series estrea a quinta e última tempada de “The Affair” na madrugada do domingo 25 ao luns 26 de agosto. Os personaxes aceptan as consecuencias das súas decisións ao darse conta de que se realmente queren cambiar o seu futuro, primeiro deben enfrontarse ao seu pasado.

En Galicia no dial 30 e en León e Cantabria no dial 29.


Preparado para un agosto “de serie”?

E se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí para vivir as mellores series do momento e desfrutalas cando queiras grazas a rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.