menú

Series que non debes perder en abril

28/03/2019
Blog R

Descubre ou reencóntrate coas mellores series na televisión R en abril.

‘Juego de Tronos’

Cada batalla. Cada traizón. Cada risco. Cada loita. Cada sacrificio. Cada morte. É todo polo Trono. Chega o final da serie máis popular. Desfrútao en R a través da canle Movistar Series. A estrea da última tempada de ‘Juego de Tronos’ será a madrugada do domingo 14 ao luns 15 de abril. E teralo en rebobina.

En Galicia no dial 30 e en León no dial 29.

instinct

‘Cómo defender a un asesino’

O mércores 24 de abril, a partir das 23:05 h, AXN estrea a quinta tempada de ‘Cómo defender a un asesino’. Annalise está a seleccionar estudantes para o seu novo despacho en Middleton. Mentres, Michaela, Connor, Asher e Laurel continúan coa súa vida tras a vitoria colectiva no Tribunal Supremo.

En Galicia no dial 21 e en León no dial 22.

instinct

‘The Enemy Within’

Calle 13 estrea o thriller ‘The Enemy Within’ o luns 8 de abril ás 22:00 h. Erica Shepherd despuntou como unha das mellores axentes da CIA, pero agora pasa os seus días nun cárcere de máxima seguridade convertida na traidora máis famosa da historia de Estados Unidos.

En Galicia no dial 23 e en León no dial 23.

‘Into the Badlands’

‘Into the Badlands’ volve a AMC o luns 8 de abril ás 22:10 h coa súa terceira e última tempada. Que será das novas alianzas creadas? Quen se fará co control de Badlands?

En Galicia no dial 2 e en León no dial 28.

‘CCN’

Comedy Central estrea o xoves 25 de abril, ás 22:45 h, a cuarta tempada de ‘CCN’. Será presentada por Pantomima Full e tratará temas como ‘Drogarse en tempos de crise’, as tribos urbanas ou cociñeiros rockeiros, entre outros.

En Galicia no dial 24.

instinct

‘Frankie Drake Mysteries’

A axencia de detectives Drake segue resolvendo os casos máis complicados no Toronto dos anos 20. ‘Frankie Drake Mysteries’ regresa a COSMO por unha segunda tempada, de dez episodios, o domingo 21 de abril ás 22:00 h.

En Galicia no dial 25 e en León no dial 24.

instinct

‘The Passage’

‘The Passage’ chega ao seu final en FOX o luns 8 de abril. Saberemos como acaban os experimentos do proxecto NOAH cun perigoso virus que podería supoñer a cura para moitas enfermidades pero que tamén pode destruír a raza humana.

No dial 20 da túa televisión R.

instinct

‘Hanna’

Hanna é unha nena criada no bosque que busca a verdade sobre si mesma. Ao mesmo tempo, ten que evitar a persecución dun axente da CIA. A serie está dispoñible en Amazon Prime Vídeo.

‘The OA’

A segunda tempada de ‘The OA’ xa está dispoñible en Netflix. Despois de sete anos desaparecida, unha moza volve á casa cunhas misteriosas capacidades e recruta a cinco estraños para unha misión secreta.

‘Happy Together’

O venres 26 de abril chega a TNT unha súper estrela do pop, Cooper James (Felix Mallard). El revolucionará a tranquila vida da parella formada por Jake e Claire. Estrea de ‘Happy Together’ o venres 26 de abril ás 22:00 h.

En Galicia no dial 22 e en León no dial 21.

instinct

‘Proven Innocent’

FOX Life estrea a serie ‘Proven Innocent’, un drama legal que segue o día a día dun equipo de avogados algo peculiar: a súa especialidade é revisar e investigar casos de condenados a prisión. Estrea o martes 23 de abril ás 23:00 h.

En Galicia no dial 28 e en León no dial 25.

instinct

‘Oro’

A segunda entrega de ‘Oro’ aterra en AMC o xoves 25 de abril ás 22:10 h. O ex- xeólogo Vincent, tras o seu paso pola empresa mineira e coñecer ao ‘padriño do ouro’ (Serra), convértese nunha das pezas craves do tráfico do prezado metal.

En Galicia no dial 2 e en León no dial 28.

‘Jack Iris’

Sundance TV estrea a segunda tempada de ‘Jack Iris’, a escura serie de misterio que adapta as novelas de Peter Temple. Na nova entrega, Jack topa con institucións educativas corruptas dirixidas a estudantes internacionais desesperados por obter unha educación occidental. Maratón o sábado 27 de abril ás 18:00 h.

En Galicia no dial 9 e en León no dial 42.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí para vivir as mellores series do momento e desfrutalas cando queiras grazas a rebobina.

Un saúdo.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.