menú

Seleccionamos os mellores ‘docus’ de National Geographic para ti

18/08/2020
Blog R

As nosas novas listaxes en rebobina son a caña. Vas directo ao tema que che interesa sen perder nin un minuto elixindo que ver. Hoxe querémosche falar da ‘Selección National Geographic’ que atoparás dentro da sección Documentais.

Nesta selección reunimos o melloriño de National Geographic Channel e Nat Geo Wild. Unha listaxe con contidos de estrea e de catálogo que imos cambiando cada mes. Queres saber que podes ver estes días?

‘Nazi Megaestructuras’

O 24 de agosto National Geographic estrea ‘Nazi Megaestructuras: Listos para la batalla 2’, e teralo dispoñible na nosa selección. Ademais, podes ver as dúas tempadas anteriores: ‘La guerra de Estados Unidos’ e ‘Listos para la batalla’. A serie descobre algunhas das máis impresionantes e terribles construcións da Segunda Guerra Mundial.

Se che interesa máis este período da historia, tes a serie ‘Segunda Guerra Mundial: Infierno bajo el mar’, centrada na guerra submarina.

‘Secretos de la antigüedad’

National Geographic presenta en agosto un especial sobre misterios da antigüidade, con estas estreas: ‘La gran rebelión inca’, ‘Los tesoros perdidos de los Mayas: secretos del inframundo’, ‘Ciudades perdidas del Antiguo Testamento con Albert Lin’ e ‘Guerreras vikingas’. Ademais, podes desfrutar de ‘Secretos ocultos de la Biblia con Albert Lin’, ‘Tesoros perdidos de Egipto’ e ‘Los tesoros perdidos de los mayas’.

‘Fabricado en un día’

E outra estrea de agosto na nosa ‘Selección National Geographic’: ‘Fabricado en un día’. Unha viaxe polo interior das factorías para ver como producen e distribúen a grande escala e en tempo récord produtos como os coches eléctricos, o whisky ou o mollo picante.

Nat Geo Wild

Lembra que podes desfrutar de Nat Geo Wild en aberto durante todo o mes de agosto. Da canle máis salvaxe podes ver no noso especial as súas tres series de estrea de agosto: ‘Los secretos naturales del ecuador’, ‘El linaje de los depredadores’ e ‘Los animales más raros de Sudamérica’.

E na nosa selección non pode faltar o veterinario máis lonxevo e querido da canle: ‘El increíble doctor Pol’.

Todo isto e moito máis espérate na ‘Selección National Geographic’ en rebobina.

Desfruta do verán na túa televisión R!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

8 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar jose prieto di:

    O que tiñas que informar e de novas tarifas, que vin na web que agora hai unha tarifa de 10€ e 10 gigas, depende por onde clickes saen unhas tarifas ou outras , a web leva meses desorganizada.

  2. Avatar DAVID G. di:

    Buenas. Tengo un consulta; he visto en la web que tenéis nuevas opciones, entre ellas, tarifas de Televisión por separado. Se puede contratar un paquete de televisión sin internet?? Es decir, sin ningún combo. Solo TV. Muchas gracias por adelantado. Un saludo!!!! ;-))