menú

Segunda tempada do ‘Proyecto Blue Book’ en TNT

17/06/2020
Blog R

A televisión R vístese de estrea coa chegada da segunda tempada de ‘Proyecto Blue Book’. A cita é o xoves 25 de xuño ás 22:05 horas en TNT. Preparado para indagar nos segredos sobre os ovnis?

‘Proyecto Blue Book’ é unha serie baseada en investigacións reais e secretas sobre ovnis levadas a cabo polas Forzas Aéreas estadounidenses nos anos 50 e 60.

Novos datos, novas investigacións

Esta segunda tempada consta de dez episodios nos que veremos a Hynek e a Quinn inmersos nunha perigosa procura da verdade e profundando en temas de conspiración global.


Os novos capítulos mergúllanse en dous dos casos máis coñecidos da investigación sobre extraterrestres: o de Roswell, Novo México, onde un rancheiro afirmou atopar misteriosos restos na súa propiedade, posiblemente dun prato voante; e a área 51, unha zona no estado de Nevada que se supón que era un imán de eventos paranormais e na que o goberno de EE.UU. supostamente realiza actividades relacionadas cos ovnis.

Un proxecto de Robert Zemeckis

‘Proyecto Blue Book’ está producida por Robert Zemeckis, a quen coñecerás por ser o director de películas tan populares como como ‘Regreso al futuro’ ou ‘Forrest Gump’.

Os seus protagonistas son Aidan Gillen, que tamén participou en ‘Juego de Tronos’ e ‘Peaky Blinders’; Michael Malarkey, Enzo en ‘Crónicas vampíricas’; Neal McDonough (‘Arrow’) como o xeneral James Harding; Michael Harney (‘Orange is the New Black’) como o xeneral Hugh Valentine; Laura Mennell (‘Watchmen’) como Mimi Hynek e Ksenia Solo (‘Cisne negro’) como Susie Miller.

Así que xa sabes, ‘planazo’ para as noites dos xoves dende o día 25 na televisión R con ‘Proyecto Blue Book’. Apúntaste?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.