menú

Segunda tempada de “Mindhunter” en Netflix

14/08/2019
Blog R

Volve á televisión R a exitosa serie sobre psicoloxía criminal creada polo prestixioso cineasta David Fincher. A segunda tempada de “Mindhunter” está dispoñible en Netflix dende o venres 16 de agosto.

A finais dos 70, dous axentes do FBI ampliaron as fronteiras da criminoloxía estudando a psicoloxía do asasinato e achegándose perigosamente a monstros reais. En 1979, despois de que unha onda de asasinatos de nenos se estendese por Atlanta, a Unidade de Ciencias do Comportamento do FBI debe utilizar a súa investigación innovadora sobre o perfil criminal para atopar o asasino.

Os axentes do FBI Holden​ ​Ford e Bill Tench seguen tentando comprender as mentes criminais dous anos despois dos acontecementos da primeira tempada. O mediático asasino Charles Manson, interpretado por Damon Herriman, tamén aparece nos novos episodios.

Baseada en feitos reais

Como funciona a mente dun asasino? “Mindhunter” está baseada no libro de historias reais titulado “Mindhunter: Dentro de la Unidad de Delitos de Élite del FBI”, escrito por John E. Douglas e Mark Olshaker, que segue os primeiros días da psicoloxía criminal e a consecuente elaboración de perfís criminais.

“Mindhunter” converteuse nun éxito instantáneo tras a súa estrea hai un par de anos. Producida e creada por David Fincher, quen ademais dirixe o primeiro e o último episodio da tempada, a serie conta tamén con Charlize Theron como produtora executiva.

Onde podes ver a serie?

Na túa televisión R, a través do desco 4 K, podes acceder a Netflix e desfrutar de “Mindhunter”.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

 

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.