menú

A segunda tempada de “Élite”, en Netflix

10/10/2019
Blog R

Comeza un novo curso. Desfruta xa en Netflix da segunda tempada de “Élite”, accesible dende a túa televisión R.

Un novo ano escolar comezou en Las Encinas. No campus crúzanse os alumnos novos e os veteranos, aqueles que só queren volver á normalidade. Pero os segredos que levan convértense nunha carga case imposible de soportar. Unha morte e unha desaparición poñen a proba as lealdades, ao mesmo tempo que novos amigos se unen ao drama e que os escuros segredos se volven demasiado difíciles de conter.

Samuel, Nadie e Christian

“Élite” conta a historia de tres mozos de clase obreira, Samuel, Nadia e Christian, que se matriculan nun exclusivo instituto privado, tras o derrubamento que sufriu o seu anterior instituto. As diferenzas entre eles e os alumnos ricos explotan e darán lugar a un asasinato.

Novo éxito dunha serie española

“Élite” é unha serie española de Netflix que foi vista por máis de 20 millóns de persoas en todo o mundo. É o segundo grande éxito dunha ficción española na plataforma tras “La Casa de Papel”, con quen comparte precisamente boa parte do elenco protagonista, encabezado por Miguel Bernadeau, Esther Expósito, Álvaro Rico, Mina el Hammani, Omar Ayuso, Miguel Herrán, Georgina Amorós y Danna Paola, entre outros.

Onde podes ver a serie?

Na túa televisión R, a través do desco 4K, podes acceder a Netflix e desfrutar da nova tempada de “Élite”.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.