menú

‘Search Party’, volve a comedia negra a TNT

08/04/2021
Blog R

O 9 de abril volve a TNT ‘Search Party’ cunha cuarta tempada que se emitirá en formato maratón o venres 9 de abril pola noite.

A cuarta entrega desta comedia negra conta coa intervención da mismísima Susan Sarandon no papel de Lylah. Durante dous episodios, a veterana estrela ponse na pel da tía de Chip que, tras descubrir o paradoiro de Dory, fará todo o posible por borrar as pegadas do delito.

Un novo misterio para Dory

Despois do xuízo por asasinato ao que tivo que enfrontarse, Dory sofre un destino máis desatinado e perigoso: é secuestrada e retida no soto dunha luxosa casa.


Drew, Elliot e Portia, que tentaron seguir coas súas vidas cada un á súa maneira, vense de novo arrastrados a resolver o misterio dunha desaparición cando se dan conta de que Dory está en paradoiro descoñecido.

Os nosos detectives afeccionados favoritos

‘Search Party’ é unha comedia de misterio protagonizada por Alia Shawkat. Narra as aventuras de Dory, unha moza de Nova York frustrada no seu traballo para unha ‘ricachona’ con problemas afectivos que se obsesiona ata tal punto coa desaparición dunha antiga compañeira de universidade que se converte en detective amateur para desentrañar o misterio.

O seu noivo Drew, o seu narcisista e aloucado amigo Elliott e a insegura aspirante a actriz Portia completan o variado grupo de mozos investigadores que ven envoltos en aloucadas e curiosas intrigas que poñerán a proba as súas recentemente estreadas dotes detectivescas.

Esta produción orixinal de WarnerMedia aplaudida por crítica e público xa foi renovada para unha quinta tempada, así que promete seguir sorprendéndonos.

Estás preparado/a para reencontrarte coa peculiar cuadrilla de ‘Search Party’? Prepárate para un bo maratón ‘seriéfilo’ na túa televisión R cos dez episodios que compoñen a cuarta tempada.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.