menú

Comezamos o ano cos Saltos de Esquí

23/12/2019
Blog R

Tras as uvas, as badaladas, a festa, a San Silvestre…. plantámonos no Ano Novo. E aí continúan as tradicións, tamén na tele. Quen non coñece os Saltos de Esquí de Ano Novo?

Xa sabedes que as posibilidades da nosa televisión R son infinitas pero hai dúas citas televisivas cuxa popularidade sobresae por encima das demais: os saltos de esquí e o Concerto de música clásica de Viena.

Saltos de esquí

Na televisión R vivimos os tradicionais saltos de esquí como ninguén coa axuda de Eurosport, que os emite cada ano en directo e en exclusiva.

As terras alemás de Garmisch-Partenkirchen son este ano 2020 o escenario dunha das citas máis consolidadas dos deportes de inverno. Xa son máis de 60 anos de historia duns saltos que moitos vemos máis durmidos que espertos. Cantos lembrades o nome dalgún gañador ou gañadora?

Co paso dos anos, os saltos de esquí de Ano Novo foron gañando prestixio e especialmente popularidade. Mesmo vimos incrementarse a lonxitude do trampolín: pasou de 80 aos 90 ou 120 metros actuais.

Copa do Mundo

A súa categoría e relevancia deportivas son tamén innegables, xa que se encadran dentro do Torneo Catro Trampolíns, que á súa vez forma parte da Copa do Mundo. A partir do venres 3 de xaneiro, os saltos trasládanse ás austríacas Innsbruch e Bischofshofen para continuar coa competición.

Eurosport é todo un filón para os amantes das disciplinas deportivas de inverno e xeo cunha programación repleta de competicións de esquí alpino, esquí-combinada nórdica, estilo libre, snowboard, biatlón ou curling.

Non creedes que un Ano Novo con sofá, manta e saltos é o mellor para recuperarse dos excesos do Nadal? Agardámosvos!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.