menú

A nova ‘Rugrats’ chega a Nickelodeon

10/11/2021
Blog R

A icónica serie dos 90 reinvéntase en Nickelodeon. O luns 15 de novembro, ás 16:00 h, estréase ‘Rugrats’, unha nova versión da popular ficción infantil de animación.

Volve ‘Rugrats’ para seguir as aventuras dun grupo de bebés moi peculiar dando un paseo pola gran cidade. Liderada por Tommy Pickles, esta cuadrilla de pequenos explorará o mundo dende o seu diminuto e imaxinativo punto de vista, totalmente diferente das miradas adultas.

Unha icona das ficcións infantís nos 90

‘Rugrats: Aventuras en pañales’ foi unha exitosa serie de animación dos anos 90 que retrataba con grande orixinalidade o mundo interior imaxinario dun grupo de bebés.

O éxito da serie propiciou que a historia chegase tamén ás salas de cine en forma de triloxía cinematográfica: ‘Rugrats: la película’, ‘Rugrats en París: La película’ e ‘Rugrats: Vacaciones Salvajes’.

Agora chega a Nickelodeon unha nova versión que cambia a estética vintage por novas técnicas de animación por ordenador pero sen perder nin un ápice de orixinalidade.

Non perdas as novas aventuras de Tommy, Chuckie e a travesa Angélica na opción TV total.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.