menú

Desfruta Roland-Garros en Eurosport 4K coa túa televisión R

27/05/2021
Blog R

Do 30 de maio ao 13 de xuño, os afeccionados á raqueta tedes unha cita imprescindible cun dos eventos máis importantes do calendario do tenis mundial. A 125ª edición de Roland-Garros xógase en Eurosport, que ofrece este segundo ‘Grand Slam’ da tempada integramente e en exclusiva. E, ademais, na televisión R ofrecémosvos o torneo en 4K para os clientes de TV Total con deco 4K.

Unha canle en directo e en 4K

Como podedes desfrutar do torneo en 4K? Dende o luns 31 de maio ata o domingo 13 de xuño temos en emisión no dial 400 unha canle especial na que se emitirán en directo todos os partidos disputados na pista central (Philippe- Chatrier) de Roland-Garros.

O mellor equipo de expertos para unha completa programación especial

Por outra banda, de cara á cita parisiense Eurosport preparou unha programación especial en Eurosport 1 e Eurosport 2 con máis de 250 horas de emisión en directo, para que non perdades detalle de todo o que ocorra durante a competición e poidades desfrutar de toda a acción dende cada pista.

Alex Corretja, Anabel Medina e Jordi Arrese repiten un ano máis como expertos de Eurosport para trasladar a mellor análise de cada xornada xunto ao equipo de comentaristas composto por Álvaro Rama, Manuel Poyán, Álvaro Benito, José Manuel Díaz, Antonio Arenas, Fernando Ruiz, Fernando Gómez, José Luis Corral, Fernando Murciego, Francisco Trapero, Alberto Pérez, Sergio Gutiérrez, José Manuel Tallada e Rubén Fernández. Un equipo inigualable de expertos que completan a nivel internacional grandes nomes como Mats Wilander, Barbara Schett, Chris Evert ou Mischa Zverev.

Como en cada ‘Grand Slam’, non faltará á súa cita cos afeccionados de Eurosport o magazine referencia para o mundo do tenis, ‘Pasando Bolas’, con Miguel Ángel Méndez, Álex Corretja e Marta Sánchez Bellas, un espazo diario coa mellor análise, entrevistas e debates arredor de todo o sucedido durante a xornada e con toda a actualidade do torneo.

Rafa Nadal, cita coa historia

Quen levantará este ano a Copa dos Mosqueteiros? En 2020, Rafa Nadal volveu unha vez máis a impoñerse sobre a terra batida de París por décimo terceira vez na súa carreira e encabeza a listaxe de vencedores grazas ás súas 13 vitorias. Se logra revalidar o seu título este ano, Nadal superaría a Roger Federer como o xogador con máis trofeos de campión de ‘Grand Slam’ da historia alcanzado a cifra de 21 ‘Grand Slams’ nas súas vitrinas.

Sintoniza o dial 400 da túa televisión R e goza do mellor tenis en calidade 4K. Non o perdas!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

17 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Ramón di:

    Bos días.

    Teño a opción tv total contratada e o desco 4k, pero no dial 400 non me aparece ningunha canle. A pregunta é, ¿vai a aparecer de xeito automático ou hanerá que resintonizar?

  2. Avatar Rafael di:

    Mala calidad de imagen. Peor que la habitual.

  3. Avatar Ángel Quelle di:

    No funciona. Llamo al 1449 opción TV. Me apagan el Desco 4k de forma remota. Se enciende de nuevo y nada de nada.
    Lo peor es que no dan opción de hablar con los técnicos.
    Muy mal.

  4. Avatar Rolan di:

    En el canal en 4K en el dial 400, extrañamente no se escucha a uno de los dos comentaristas… en el dial 70 en cambio sí que se escuchan todos los comentarios…

  5. Avatar AMANDO Rodriguez di:

    Tengo TvTOTAL 4K.Que tengo que hacer para ver los canales en 4K.En que consiste sintonizar el canal 400 en 4K??