menú

‘Robocar Poli’ volve a Canal Panda

02/01/2019
Blog R

O martes 8 de xaneiro é día de reencontros na televisión R para os máis pequenos da casa. Chegan novos episodios de ‘Robocar Poli’ a Canal Panda (dial 152) a partir das 18:45 h.

O coche de policía Poli, o camión de bombeiros Roi, a ambulancia Amber, o helicóptero Helly e a operadora Jin forman o súper equipo de rescate Robocar.

Robocar é un equipo de vehículos de rescate transformer que sempre está alerta para axudar os veciños da cidade de Broom.

Un coche, unha misión

Cada un destes fantásticos coches ten unha función especial e sempre están dispostos a traballar en equipo para protexer os habitantes de Broom de calquera situación de perigo, ao mesmo tempo que viven miles de aventuras incribles.

Os apaixonantes rescates de Robocar ensinan aos nenos fáciles trucos de seguridade que poderán empregar no seu día a día. Mentres, aprenden o divertido que é axudar os demais xunto a Poli e os seus amigos.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.