menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Xaneiro, un mes de mulleres en Tolemias

04/01/2018
Blog R

Tolemias comeza o ano cunha programación musical moi feminina.

Cardigan Bridge

Rebeca Ponte, máis coñecida como Cardigan Bridge, é unha cantautora cun estilo íntimo e sentido, con experiencia en bandas de rock e jazz e con formación específica neste último xénero. Esta actuación pertence ao concerto ‘Palabra de muller’, do ciclo ‘Íntimo & Acústico’ promovido e organizado polo Concello de Santiago.

Rebeca Jiménez

A cantautora segoviana Rebeca Jiménez presenta no Teatro Principal de Santiago de Compostela o seu último disco, ‘Valiente’. Está acompañada por José Antonio Jurado na percusión e por Francisco Simón á guitarra. O concerto ‘Palabra de muller’ pertence tamén ao ciclo ‘Íntimo & Acústico’ promovido e organizado polo Concello de Santiago.

Jane Joyd

Despois de gañar o concurso ‘Proyecto Demo’ do FIB, a cantautora de A Coruña Jane Joyd estivo no Teatro Principal de Santiago coa interpretación do seu repertorio con voz e guitarra. Este concerto ‘Palabra de muller’ pertence ao ciclo ‘Íntimo & Acústico’ promovido e organizado polo Concello de Santiago.

Patricia Moon

No concerto ‘Palabra de Muller’, que se celebrou no Teatro Principal de Santiago, Patricia Moon subiu ao escenario acompañada de Frans Banfield á guitarra e aos coros. Despois de tocar con Siniestro Total, Los Piratas ou The Posies, Moon decídese por unha liña propia onde fusiona perfectamente a formación clásica coa influencia rock recibida nos seus anos de estudo e formación.

Rosa Cedrón

Rosa Cedrón é unha cantante e violonchelista galega, famosa por ser a voz durante nove anos do grupo Luar na Lubre e colaborar en discos de músicos coma Mike Oldfield. O violonchelo foi a súa vocación dende nena e pertenceu á Orquestra de Cámara Municipal de A Coruña. No 2016, estivo no festival benéfico de Luz Casal e deixou unha das actuacións máis emotivas que se recordan en Boimorto.

Anni B Sweet

Concerto de Anni B Sweet no Festival de la Luz, evento en Galicia que destina a súa recadación á loita contra o cancro. Anni B Sweet escribe as súas letras principalmente en inglés (estudou nun colexio británico) e o seu estilo, suave e melancólico, bebe de influencias da música acústica, do folk e do pop indie.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

  1. Beatriz Puentes Pérez di:

    Gustaríame subscribirme.
    Moitas grazas.