menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Un novembro de blues e punk en Tolemias

14/11/2017
Blog R

Tolemias preséntanos un novembro de blues e punk con Bakin Big Blues Band, Izor & Piris, Bernard Anderson, Silvia Superstar e Novedades Carminha. O toque clásico achégao a Orquesta Xove Vigo 430.

Bakin Big Blues Band

A Bakin Blues Band naceu en Santiago de Compostela no 2008, consolidándose diante do público dos diferentes clubes da cidade ata participar nos principais festivais de blues estatais, compartindo escenarios con xigantes como Bárbara Lynn, Bonney Fields, Little Mike & The Tornadoes ou Greg Izor.

Izor & Piris

Greg Izor é un recoñecido bluesman norteamericano, un mestre da harmónica que leva case 10 anos facendo xiras por Europa. Iker Piris é un bluesman vasco e líder da banda The Románticos. Xuntos teñen un espectáculo de guitarra, harmónica e voz que foi o encargado de abrir a primeira xornada do escenario do Fisterra Blues Experience.

Bernard Anderson

Bernad Anderson, coñecido como ‘Step-Buddy’, é un veteranísimo trompetista profesional, lenda do jazz e o blues en USA. Subiuse por primeira vez a un escenario en 1934 coa Ted Amstrong Band. Xa no seu retiro, Bernard decide coller o saxo de vez en cando para divertirse de novo nun escenario. Este concerto no Vilablues 17 é un exemplo perfecto.

Silvia Superstar

A raíña do punk español actuou na sala Mondo de Vigo xunto a Los Fabulosos, servindo este concerto como presentación do seu traballo ‘Silvia Superstar & Los Fabulosos: Breakaway!’, unha interpretación co seu estilo propio de clásicos do swing, soul e rock&roll. Silvia formou parte de Aerolíneas Federales, pero foi en The Killer Barbies onde conseguiu unha notable traxectoria internacional coma artista. No 2011 uniuse a Los Fabulosos, un trío de surf instrumental composto por Kiki Tornado, Pablo Rodas e Frankie.

Novedades Carminha

É un trío galego de garage-punk formado no ano 2007. Nas súas primeiras gravacións, atópanse claras influencias dos grupos xurdidos en Inglaterra e Estados Unidos coincidindo coa nova onda de finais dos setenta (The Undertones, Buzzcocks), ao igual que de certas bandas españolas dos anos oitenta (Siniestro Total, Pegamoides). Novedades Carminha leva tempo cociñando o garage-punk máis canalla e irreverente da escena independente estatal, con factura low-fidelity, moito sonido de guitarras e unha presenza en escena con bailaríns.

Orquesta Xove Vigo 430

Formación composta polas novas xeracións de músicos de cámara. Esta iniciativa mostra o talento dos estudantes e supón unha moi boa forma de coller experiencia en interpretacións grupais con público. Neste concerto, dirixido por Roberto Baltar no auditorio Martín Códax do Conservatorio Superior de Música de Vigo, interpretan a Sinfonía número 25 en sol menor de Mozart e como bis interpretan ‘Libertango’, de Astor Piazzola, con Hannah Siebert-Sío ao caixón flamenco.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios