menú
Featured Video Play Icon
Featured Video Play Icon

Sons caribeños e xamaicanos en Tolemias en agosto

26/07/2017
Blog R

Tolemias vaise de vacacións… á súa maneira. Ofrece en agosto sons cubanos e xamaicanos que nos transportan a paradisíacos escenarios de mar e praia.

Quinteto Son Real

A principal base é o son cubano, logo fusionado con outros estilos. O Quinteto está composto por unha formación tradicional: o tres cubano (instrumento nacional de Cuba), guitarra clásica co seu peculiar acompañamento, contrabaixo, congas, bongó, güiro, maracas e clave, co seu ritmo contaxioso. Nesta pequena carreira profesional, o Quinteto colaborou nun disco co prestixioso músico galego Antón Seoane, antigo integrante de Milladoiro.

El Verasón

Este grupo formouse en Cuba no ano 1998, pero renace en Galicia cunha formación entre cubanos e músicos locais con colaboracións de todo tipo, mostrando un estilo tradicional. O músico Álex Lorenzo define El Verasón como’ o conxunto musical que o mestre do tres Antonio Vera e o seu fillo Toni Vera fundaron na cidade de Artemisa, que pertencía á provincia de La Habana ata hai poucos anos. Na actualidade, El Verasón é o nome baixo o que un colectivo de músicos cubanos e galegos se reúnen en distintos formatos dirixidos polos fundadores para interpretar un repertorio composto na súa maior parte por música tradicional cubana (guaxiros, boleros…), algúns éxitos latinos máis actuais e algún que outro tema propio’.

Roy Panton & Yvonne Harrison

Constitúen un dos primeiros duetos de ska e rocksteady da escena musical xamaicana, con consolidadas carreiras musicais, como parella artística e tamén en solitario. No outono de 1962, a casualidade fixo que Yvonne e Roy se coñecesen e gravasen o seu primeiro ‘single’. A súa magnífica interpretación e a compatibilidade perfecta das súas voces fixeron que comezasen unha nova andaina xuntos, no que sería un dos duetos máis demandados no país. Despois de 6 anos traballando xuntos, Roy e Yvonne separánse durante máis de ¡40 anos! Este é un dos concertos da lendaria xira de reencontro.

Skatalites

Están considerados os creadores do ska e, polo tanto, con influencia do rocksteady, do reggae (xa sexa early (Skinhead) ou roots (Rastafarismo), do dub, do dancehall e dos seus milleiros de descendentes musicais, que derivan de sons tradicionais de Xamaica. A banda reapareceu reformada como grupo no ano 83 e na actualidade seguen tocando, aínda que a maioría dos compoñentes foron substituídos (por unha cuestión de idade, non de virtuosismo ou compromiso). Recibiron dous Grammy en 1996 e 1997.

Alpheus

De pais xamaicanos, nacido e criado en Londres, Alpheus desenvolveu a súa paixón para cantar despois de ver o espectáculo de Sam Cooke en televisión. Alpheus emprende, con esta xira, a presentación do seu novo álbum ‘From Creation’. O traballo está producido por Roberto Sánchez, enxeñoso músico de Santander e referente dos productores nacionais.

Zamaramandi

Xorde como proxecto musical na cidade de Vigo no ano 2008. Nos seus inicios, crean un repertorio e un espectáculo orientado a un son clásico. Son gañadores do V Concurso Galego de Reggae, o que os leva ese mesmo ano a participar na final ibérica dentro do European Reggae Contest. Na súa traxectoria, comparten cartel con bandas como FullyFullwood’s Band, integrada por auténticas lendas vivas do reggae, e ofrecen concertos en salas e festivais dentro e fóra de Galicia.

Subscríbete a Tolemias por 1,10€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios