menú

Amores cegos en Play-Doc TV en xuño

04/06/2018
Blog R

En xuño, chegan a Play-Doc TV tres historias de amores cegos e unha de superación cargada de optimismo e humor.

Os protagonistas de tres das catro novas películas dannos, sen querelo, unha lección sobre o que podería ser o amor verdadeiro. O amor pode ser doce, parvo ou ás veces cego…

Atopar o seu sitio neste mundo non é cousa fácil para xente que ten unha boa vista, pero cando se é cego, é aínda máis difícil? A visión das persoas cegas é xeralmente pura e esencial e moi a miúdo chea de agudeza. En tres documentais descubriremos a personaxes con vidas emocionantes e cativadoras. Ademais, chega unha historia chea de optimismo, a de Georgi, doutor psiquiatra, neurólogo, especialista en medicina chinesa, administrador, empresario e director dun fogar para discapacitados psíquicos que non cesa no seu empeño por sacar adiante o centro con ideas fantasiosas.

‘A pessoa é para os que nasce’

Tres irmás cegas, unidas por un extraordinario destino, cantan e tocan ‘ganzá’ a cambio dunhas moedas nas rúas e mercados do nordeste de Brasil, unha zona afectada pola pobreza. A súa historia cativadora mostra, non sen humor, unha complexa fábula de amor e morte, angustia e arte. A película acompaña as tres irmás cando se converten en celebridades por un xiro inesperado da vida e como consecuencia desta película que protagonizan.

‘Blind Loves (Amores ciegos)’

A propia natureza do amor converte este sentimento en algo complicado. Pero que ocorre coas persoas que, ademais, non poden ver? Peter é profesor de música nun colexio para nenos cegos. A súa desbordante imaxinación constrúe un universo particular, xunto á súa muller, no seu diminuto apartamento. Elena está casada con Maco. Ambos son cegos e están a esperar un fillo. Miro é xitano e debe loitar por conseguir a aprobación dos pais da súa noiva Monika. Zuzka ten 14 anos e, para ela, internet é o lugar perfecto para coñecer mozos. Os catro ensínannos como se ama cando non se ve.

‘El planeta de los caracoles’

Cando non podemos ver nin oír, xoga un papel importante o sentido do amor. Esta é a historia da vida cotiá da parella que forman Young-Chan, cego e xordo de nacemento, e a súa muller Soon-Ho, con problemas na súa espiña dorsal, e da intensa comunicación que establecen a través da linguaxe de acenos táctiles. Seungjun Yi, un dos mozos e prometedores directores de Corea, captura este intercambio da maneira máis tenra e sinxela. Soon-Ho ensínalle ao seu home a sentir a través do tacto, mentres Young-Chan canaliza a súa enerxía no seu desexo de ser escritor. Cada día é un desafío para ambos dentro do mundo convencional.

‘Georgi y las mariposas’

O doutor Georgi Lulchev é psiquiatra, neurólogo, especialista en medicina chinesa, administrador, chef afeccionado, empresario e director do Fogar para Discapacitados Psíquicos. O seu soño é organizar unha granxa no patio do hospital, onde os pacientes poidan criar animais e cultivar alimentos. Unha historia chea de optimismo e sentido do humor pero tamén de avestruces, seda, caridade, a Igrexa Ortodoxa do Leste, soia, esquizofrénicos, oligofrénicos, psicópatas, investidores coreanos, cazadores occidentais, desgraza, acupuntura e compaixón.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.