menú

Especial Ross McElwee en Play-Doc TV

16/07/2018
Blog R

Play-Doc TV dedica en xullo un ciclo a unha das lendas vivas do cine documental norteamericano: Ross McElwee.

Como capítulos ou entregas sucesivas dunha novela, o cineasta estadounidense Ross McElwee (Charlotte, Carolina do Norte, 1947) vai elaborando ao longo da súa obra un tan rigoroso como suxerinte diario fílmico, un relato en primeira persoa con abundantes ramificacións.

McElwee é un dos documentalistas estadounidenses que debuta na década dos 70 e contribúe á renovación da non ficción. No seu traballo atopamos dous elementos fundamentais: o abandono da tendencia predominante, por entón totalitaria, do ‘cinéma vérité’ ou ‘cine directo’ coa súa decidida aposta pola subxectividade; e a singularidade coa que integra dispositivos narrativos de diversa procedencia, unha mestizaxe que reúne clasicismo, tradición de corte observacional e filme doméstico.

Un rebelde e un renovador

Home do documental autobiográfico e explorador de imaxes, a súa singular voz narrativa, a viaxe na que transforma os seus filmes, o autorretrato irónico e cheo de humor e o propio interese polos procesos mesmos de filmación orixinan unha concentrada e moi persoal traxectoria. A súa filmografía, formada por unha decena de títulos, obtén o beneplácito de crítica e público. O éxito é completo a partir do Sherman’s March (Gran Premio do Xurado en Sundance) e da estrea normalizada en salas de cine dos seus traballos, un feito prolongado pola súa brillante faceta académica na Universidad de Harvard.

En Play-Doc TV poderás desfrutar de seis dos seus filmes máis representativos: ‘Charleen’, ‘Sherman’s March’, ‘Time Indefinite’, ‘Six O’clock News’, ‘Bright Leaves’ e ‘Photografic Memory’.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.