menú

A música revoluciona Play-Doc TV en marzo

27/02/2018
Blog R

Na historia da música hai grupos, artistas, discos que o cambian todo, deixan pegada e se fan eternos e irrepetibles. Catro títulos esenciais do cine documental musical chegan este mes de marzo á pantalla de Play-Doc TV. No escenario, Iggy Pop, Enrique Morente, Nick Cave, Liam e Noel Gallaguer, todos eles iconas da música e verdadeiros creadores revolucionarios.

‘Gimme Danger’, Jim Jarmush

A irrupción do rock’n’roll potente e agresivo de The Stooges foi como unha bomba na paisaxe musical de finais dos anos sesenta. A enerxía irresistible do grupo no que debutou Iggy Pop revolucionou os cimentos da música. Jim Jarmush dirixe este documental que narra a epopea dun dos grupos de rock máis importantes de todos os tempos a través das súas aventuras e as súas desgrazas, evocando as súas fontes de inspiración e as razóns dos seus primeiros desafíos comerciais ata chegar ao Panteón do rock.

‘Oasis: Supersonic’, Mat Whitecross

Unha mirada en profundidade á vida e a música da banda británica Oasis, composta polos irmáns Liam y Noel Gallagher, dous mozos de Manchester con unha vehemente e irresistible personalidade que nos 90 conseguiron converter á súa banda na máis grande do planeta. Dende os seus comezos nun pequeno sótano da cidade británica ata os seus concertos en grandes escenarios do mundo, ‘Supersonic’ enmarca o camiño que esta banda percorre para apoderarse do éxito á conta da relación entre os seus líderes e irmáns.

‘Omega’, José Sánchez-Montes & Gervasio Iglesias

Os produtores de ‘La Isla Mínima’ dirixen ‘Omega’, documental que conta a xénese e o proceso de creación do proxecto musical revolucionario que rompeu moldes nos noventa. Un disco rompedor e de gran impacto no panorama musical nacional e internacional que fusionou o flamenco e o rock da man de Enrique Morente e Lagartija Nick, unindo a poesía de Federico García Lorca e as partituras de Leonard Cohen.

‘20.000 días en la Tierra’, Iain Forsyth & Jane Pollard

É unha oda á creatividade, orixinal e chea de lirismo, interpretada polo músico e icona cultural Nick Cave. A película fusiona drama e realidade misturando a rutina dun día ficticio na vida da estrela do rock cunha íntima representación do seu proceso artístico. Esta é a ópera prima dos innovadores artistas visuais Iain Forsyth & Jane Pollard como directores, con banda sonora orixinal de Nick Cave e Warren Ellis.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.