menú

Selección de títulos de Play-Doc TV para maio

11/05/2018
Blog R

Clausurada a 14 edición do Play-Doc Festival Internacional de Cine, a subscrición Play-Doc TV segue rendendo homenaxe a algúns dos títulos que causaron sensación no certame.

Miles de persoas visitan cada ano este festival co afán de deixarse sorprender por propostas cinematográficas diferentes e excitantes. En maio, Play-Doc TV preparou unha programación especial con algunhas rarezas e xoias do cine ocultas, moitas delas verdadeiros obxectos de culto e que dificilmente poderás atopar en ningunha outra plataforma de cine.

‘Rouli Roulant’. Dirixida por Claude Jutra (Canadá, 1966)

Dedicado a ‘todas as vítimas da intolerancia’, esta película retrata o nacemento do skateboarding en Montreal. Trátase dunha nova actividade reprobada por adultos e policías e que daba aos máis novos unha excitante sensación de velocidade e de liberdade. ‘Rouli Roulant’, a primeira película feita sobre este deporte, capta a euforia de mozos e mozas pasándoo en grande mentres rodan costa abaixo sen freos.

‘The Perfect Human’. Dirixida por Jørgen Leth (Dinamarca, 1967)

‘El humano perfecto’ é unha curta documental de 1967 que nos ofrece o retrato dun home coma se se tratase dun estudo antropolóxico. Nunha atmosfera acougada e elegante, descríbense as aparencias, accións e actividades cotiás do ser humano dende o punto de vista dun observador minucioso e rozando a ironía. A película serviría de inspiración para outra película, ‘Las cinco obstrucciones’, dirixida por Leth e Lars Von Trier, que ofrece a mesma historia contada na curta, pero de cinco maneiras distintas.

’66 scenes from America’. Dirixida por Jørgen Leth (Dinamarca, 1982)

Unha serie de planos longos que parecen ser tomados ao azar e que atravesan dun lado a outro a realidade americana, pero que no seu conxunto ofrecen unha emblemática fotografía dos EE.UU. As imaxes ou postais deben ser vistas como unha sucesión de motivos encadeados que varían dende os primeirísimos planos ata os planos máis xerais. Inclúense fotografías de paisaxes, autovías, valos publicitarios, obxectos cotiáns… e, finalmente, persoas que se presentan a si mesmas ante a cámara: taxistas neoiorquinos ou personaxes famosos, como Kim Larsen ou Andy Warhol.

‘Nuestro siglo’. Dirixida por Artavazd Pelechian (URSS, 1982)

A éxtase polos logros humanos e a agonía existencial crúzanse. O obxectivo non é establecer unha simple ironía, senón explorar o que move á humanidade a seguir adiante contra vento e marea.

‘East of Paradise’. Dirixida por Lech Kowalski (Francia, 2005)

María Werla foi capturada en Polonia e deportada a un campo de traballo en Siberia durante a II Guerra Mundial. A súa loita pola supervivencia tivo unha profunda influencia no seu fillo, o cineasta Lech Kowalski, que medrou nos Estados Unidos, vivindo moi de preto a cultura underground dos anos 70 e 80.

‘The Act of Killing’. Dirixida por Joshua Oppenheimer (Dinamarca, 2012)

Sanguinarios mercenarios do réxime indonesio do Xeneral Suharto convértense en actores para interpretarse a si mesmos recreando as atrocidades que cometeron durante o xenocidio.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.