menú

Especial sobre Historia do Fútbol en rebobina

05/06/2018
Blog R

Revive a maior historia xamais xogada co especial ‘Historia del fútbol’. Está dispoñible en rebobina durante o mes de xuño para todos os clientes de televisión R.

A man de Deus, o Brasil de Pelé, Messi ou Cristiano?… Se che gusta o fútbol, non podes perder este especial que inclúe varias series documentais:

‘Dream Teams’

Formula un gran reto: seleccionar os equipos máis emblemáticos de cada país e cada época na historia do fútbol. Quen formará parte do mellor equipo español do século ou cal será o momento cume na carreira de Pep Guardiola? Quen integrará o mellor once da historia do Real Madrid? Poderiamos elaborar un equipo de ilusión con xogadores que nunca lograron recibir o Balón de Ouro?

‘Los padrinos del fútbol’

Queres coñecer dunha maneira máis íntima e reveladora os adestradores de fútbol máis experimentados, cosmopolitas e exitosos da era moderna? O xornalista Geoff Shreeves logra que os protagonistas se sinceren como nunca antes o fixeron.

‘El escenario más grande del fútbol’

Homenaxe a un dos máis importantes espectáculos deportivos: a Copa Mundial de Fútbol. Ao longo de trece episodios, o repaso máis completo á historia da competición, as anécdotas máis conmovedoras, os instantes máis decisivos, as curiosidades menos coñecidas, as xogadas máis espectaculares e os recordos inesquecibles para todos aqueles afeccionados ao deporte rei.

‘Cracks del fútbol: cara a cara’

Estrelas como Zola, Matthaus, Giggs ou Lineker analizan a fondo as fazañas e habilidades dos mellores futbolistas do mundo. Cun formato único, cada programa ten como obxectivo resolver dunha vez por todas algúns dos maiores debates en torno ao fútbol.

‘Grandes momentos de la historia del fútbol’

Un repaso aos equipos e xogadores de fútbol que transcenderon o deporte para converterse en fenómenos sociais. Cada episodio analiza os momentos máis incribles e relevantes da historia das Copas do Mundo de fútbol e dos xogadores, adestradores e afeccionados que os fixeron posibles e alimentaron o crecemento imparable deste deporte ata chegar a ser o xigante que coñecemos hoxe.

‘Los inmortales’

Aproximación aos mellores futbolistas e adestradores de todos os tempos. Cada episodio centrarase en tres dos mellores xogadores de fútbol na historia deste deporte, incluídos xogadores españois como Andrés Iniesta, David Villa, Iker Casillas, Xavi Hernández, Fernando Torres ou Raúl González.

En xuño, desfruta do fútbol como nunca co especial ‘Historia del Fútbol’. Lembra, telo dispoñible sen ningún custo extra entrando directamente en rebobina.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novas da programación e da tele
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.