menú
Ralph rompe internet

“Ralph rompe internet” en M. Estrenos

26/07/2019
Blog R

A secuela de “Rompe Ralph!” chega a Movistar Estrenos o venres 26 de xullo ás 22:00 h. Non perdas as novas aventuras de Ralph e Vanéllope na televisión R.

Ralph e Vanéllope viaxan máis aló de Recreativos Litwak e entran no inmenso mundo de internet en busca dunha peza perdida para salvar Sugar Rush.

Na súa aventura atoparán enormes anuncios emerxentes, poxas online, princesas Disney e un xogo de carreiras moi perigoso.

Segunda parte

Seis anos despois da súa primeira aventura, Ralph e a súa compañeira Vanéllope terán que xogalo todo viaxando polas redes en busca dunha peza de reposto que salve Sugar Rush, o videoxogo de Vanéllope.

Esta produción de Disney obtivo nomeamentos aos Premios Oscar, Globos de Oro e Critics Choice Awards 2018 como mellor película de animación.

Rich Moore

Esta segunda aventura, dirixida de novo por Rich Moore, conta coas voces en versión orixinal de John C. Reilly, Sarah Silverman, Gal Gadot, Taraji P. Henson e Alfred Molina, entre outros. “Ralph rompe internet” é unha secuela de “Rompe Ralph!” (2012), tamén nomeada ao Oscar, ao Globo de Oro e ao BAFTA á mellor película de animación.

Como ver “Ralph rompe internet” en R

Podes ver esta película na canle Movistar Estrenos, sintonizando os seguintes diais:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

Lembra que para poder dispoñer desta canle, tes que ter contratada con R a opción cine ou Movistar Estrenos. Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

Ademais, terás todo o contido dispoñible no noso servizo de rebobina, para que poidas velo sempre que queiras.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.