menú

“Private Eyes” volve a FOX Life

14/05/2019
Blog R

“Private Eyes” volve o xoves 23 de maio a FOX Life. Ás 22:10 h, tes unha cita na televisión R cos novos episodios da segunda tempada desta serie de acción e intriga protagonizada por Jason Priestley (“Sensación de Vivir”) e Cindy Sampson (“Sobrenatural”).

Da pista de hockey a detective

En “Private Eyes”, Priestley dá vida a Matt Shade, un exxogador profesional de hockey ao que vimos na primeira tempada cambiar de vida para meterse a investigador privado.

Malia ver o mundo dende perspectivas moi diferentes, Shade e Everett forman un tándem moi profesional apoiándose nas fortalezas de cada un para solucionar os restos aos que deben enfrontarse.

Ao comezo da tempada, Becca, a exmuller de Shade, volvera á vida de Matt tras triunfar como actriz e converterse en famosa. En realidade, Becca busca a forma de pasar máis tempo coa filla de ambos, Jules.

Novas investigacións

Nos novos episodios, os protagonistas enfróntanse a todo tipo de casos que marcarán as súas vidas dunha maneira moi especial. Entre eles, unha investigación relacionada co mundo do boxeo e as súas apostas, un caso de infidelidade e a volta dun acosador do pasado de Becca.

O elenco complétase con Barry Flatman (“Fargo”), Ennis Esmer (“Blindspot”) e Clé Bennett (“Homeland”), entre outros.

“Private Eyes” está inspirada na novela “The Code”, de GB Joyce.

Como ver “Private Eyes” en R

Podes ver “Private Eyes” se tes contratada a opción tv familia da televisión R. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 28
  • León e Cantabria: dial 25

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.