menú

Primavera ciclista en Eurosport

07/03/2019
Blog R

Eurosport 1 (dial 70) e Eurosport 2 (dial 71) emiten en directo algunhas das principais carreiras ciclistas da primavera, como a París-Niza ou a Tirreno-Adriático. Desfruta do mellor ciclismo na televisión R.

París-Niza

Eurosport 1 e Eurosport 2 emiten en directo as distintas etapas da chamada ‘Carrera del Sol’ dende o domingo 10 ata o domingo 17 de marzo.

Sen contrarreloxo inicial, os puntos clave desta rolda francesa son a cronometrada da cuarta xornada, de pouco máis de 18 kms, con meta en Saint-Etiènne e o final en alto da penúltima etapa na cima de Colmiane, unha ascensión de 16,3 kms ao 6,2% de desnivel medio.

O gañador da edición anterior foi o ciclista español Marc Soler.

Tirreno-Adriático

A Tirreno-Adriático, coñecida como ‘A carreira dos dous mares’, é unha proba ciclista por etapas que percorre parte das costas do mar Tirreno e finaliza nas do Adriático. Será emitida en directo e en exclusiva en Eurosport 1 e Eurosport 2 do mércores 13 ao martes 19 de marzo.

A edición deste ano contará cun detalle especial: como homenaxe á memoria de Michele Scarponi, ciclista falecido hai dous anos, a quinta etapa da rolda terminará na súa cidade, Filottrano.

Volta a Catalunya

O calendario ciclista da tempada en Eurosport complétase coa Volta a Catalunya. Eurosport 1 ofrece en directo, do luns 25 ao domingo 31 de marzo, a 99º edición da Volta a Catalunya. Con inicio en Calella e final en Barcelona, a proba percorrerá o territorio catalán polas catro provincias, con sete etapas en liña.

O ano pasado, a vitoria final foi para Alejandro Valverde.

Recorda, unha primavera co mellor ciclismo na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.