menú

Play-Doc TV procura no pasado en xaneiro

27/12/2019
Blog R

Cineastas do noroeste protagonizan a entrega de xaneiro da subscrición Play-Doc TV da televisión R. Obras que conectan dunha ou outra maneira co noso pasado, tratando de resolver os seus enigmas e contradicións ou simplemente coa intención de reconectarnos co noso presente.

O cine como memoria colectiva

Son moitas as preguntas sen resposta, pero o cine é unha ferramenta marabillosa para que xurdan cuestións que nos axuden a entender o momento que vivimos.

Móstranos personaxes que nos resultan coñecidos mentres que outros exploran outros mundos e territorios para tratar historias universais que nos lembran que, na esencia da nosa condición humana, e malia os seus múltiples matices, todos nos recoñecemos. Con Play-Doc TV viaxaremos da man de diferentes creadores.

“Cantares de una Revolución”

No documental “Cantares de una Revolución”, o músico Nacho Vegas utiliza a música e a palabra para evocar os sucesos ocorridos en 1934 coa insurrección dos obreiros e campesiños asturianos.

O poder da palabra e da música tamén queda de manifesto na películas “Contrafaces” e “Aysha”.

“Contrafaces” e “Aysha”

En “Aysha”, a protagonista é unha moza con enérxica voz que emerxe con forza en Oriente Medio. A poesía e a creatividade son as súas armas para cambiar unha sociedade expectante de cambios.

“Contrafaces” non ten ese impulso activista e combativo; trátase dunha mirada ás linguaxes que constrúen identidades tanto individuais como colectivas e ás sorprendentes coincidencias que existen no patrimonio oral de diferentes países.

“Esquece Monelos”

En “Esquece Monelos”, a súa directora Ángeles Huerta profunda sobre os misterios da memoria.

Toma como punto de partida o río Monelos, un de tantos ríos que foi ocultado polo home pero que de cando en vez esperta desbordándose e reclamando o trazado que antes lle pertencía dentro da cidade de A Coruña.

A autora realiza con este traballo unha analoxía entre os mapas desa urbe e nós mesmos, ambos os dous entes vivos que respiran e teñen a súa dinastía de memorias que se van desvanecendo aos poucos.

“Entrialgo”

Tamén se desvanece, rápida e dramaticamente, a historia de moitos dos nosos pobos. As zonas rurais desa España baléiranse e con ela nosa propia identidade.

No documental “Entrialgo” viviremos o día a día deste pobo a través da mirada dos seus dous protagonistas principais, os nenos Rubén e Aitor.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv total.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.