menú

Talentos próximos pero universais en Play-Doc TV en xuño

17/06/2019
Blog R

En xuño súmanse novos e interesantes títulos ao catálogo de Play-Doc TV, como o filme “Os fillos da vide”, dirixido pola galega Ana Domínguez, que se mergulla no mundo do viño. Descúbreos na televisión R.

‘Os fillos da vide’

Radicalmente diferentes son as propostas da directora Ana Domínguez e do director Marcos Merino. Ambos os dous preséntannos traballos que se centran na recuperación da memoria.

En ‘Os fillos da vide’, a directora galega regresa ás súas raíces e mergúllase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e as tradicións en perigo de extinción, mostradas a través das paisaxes e de quen os habita.

‘Janis: Little Girl Blue’

Arrincamos con forza botando a vista atrás, lembrando unha das voces máis salvaxes e desgarradoras da historia da música. No aclamado documental ‘Janis: Little Girl Blue’, a través das cartas que Janis Joplin lles escribiu durante anos aos seus familiares, amigos e colaboradores, antes de su fatídica morte aos 27 anos, a artista Cat Power narra en primeira persoa como a cantante chegou a converterse nunha estrela.

Amy Bergs, a directora desta película, examina a cantante dende os seus inicios e mostra todos os aspectos que a levaron a ser quen foi. A súa infancia excéntrica, os seus inicios musicais, a súa convulsa vida sexual, a súa chegada á fama como solista e a súa adicción ás drogas, pero tamén nos mostra de maneira íntima unha Janis vítima das súas propias inseguridades, das súas dúbidas, dun aspecto físico do que sempre se sentiu afastada e, o que é peor, insegura do seu propio talento.

‘Sueñan los androides’

Con ‘Sueñan los androides’, o donostiarra Ion de Sosa proponnos unha viaxe futurista dacabalo entre a ciencia ficción e o thriller, ou, como a el lle gusta chamalo, ‘costumismo fantástico’. O filme é un espello que reflicte a vida cotiá e a evasión, a vivencia persoal e a imaxinación, todo nun mesmo xesto. O director vira a cámara desde si mesmo cara ao mundo. Que mundo? O dunha cidade que ben podería ser Marte, outra dimensión, a Terra tras a Apocalipse ou mesmo Benidorm.

‘In memoriam’

Tamén poderemos desfrutar do último traballo do director asturiano Marcos Merino. ‘In memoriam’ é unha película documental onde o pasado e o futuro se entrecruzan para conservar a memoria e cuestionar tamén a necesidade de facelo. Un grupo dispar de persoas esfórzase en manter viva a memoria dos seus antepasados malia que a indiferenza vai ser o maior dos recoñecementos públicos que van obter polo seu esforzo. Por que facelo? Que recompensa obteñen? Para que serve o seu esforzo?

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv familia ou un paquete de televisión superior.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R a rebobina ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.