menú

Play-Doc TV: o cine como espello do que somos

15/07/2019
Blog R

Play-Doc TV móstranos en xullo a gran diversidade de formatos e narrativas que existen para afrontar unha historia. En “El último de los injustos”, o cineasta mergúllase en escenarios reais. Esta e outras novidades espérante na televisión R.

“Niñato”

O cine social ten unha enorme capacidade de transformación, actúa como un espello do que somos e, en ocasións, do momento en que vivimos. En “Niñato”, o seu director Adrián Orr retrata unha historia humana, próxima e de barrio, o día a día ao longo de varios anos dun mozo desempregado que loita por sacar adiante aos seus tres fillos pequenos. Ao mesmo tempo, tenta manter viva a súa ambición como cantante de hip hop. Unha película minimalista e delicada que navega entre a ficción e o documental e que foi recoñecida nun gran número de festivais, entre eles os de Buenos Aires e Sevilla.

“El último de los injustos”

O cine tamén xoga un papel crave na construción e na recuperación da memoria e, aínda que a viaxe ao noso pasado en ocasións resulte duro, é importante emprendelo. Entre os documentais sobre o Holocausto hai un que sobresae entre todos, “Shoah”, do recentemente falecido cineasta, escritor e filósofo Claude Lanzmann. É unha obra mestra que debería ser de obrigado visionado para todo o mundo.

Nesta ocasión, Play-Doc TV achéganos outro dos seus títulos: “El último de los injustos”. Case tres décadas despois da estrea da mítica “Shoah”, Lanzmann recupera unha serie de entrevistas con Benjamin Murmelstein, último presidente do Consello Xudeu do campo de concentración de Theresienstadt e único sobrevivente entre aqueles que ocuparon este cargo. En “El último de los injustos”, o director introdúcese nos escenarios reais nos que se desenvolveron os acontecementos, facendo especial fincapé no campo de Theresienstadt, considerado un “campo
modelo” para enmascarar a imaxe dun dos feitos máis abxectos da historia do século XX.

“Humberto Mauro”

Non hai identidade sen memoria. Como unha reflexión sobre o significado de lembrar, a película “Humberto Mauro” proponnos unha viaxe no tempo a través da propia historia do cine. Neste caso, o filme é presentado como unha homenaxe, como un tributo ao cineasta Humberto Mauro, considerado o pioneiro do cine brasileiro e latinoamericano. Dirixida polo seu sobriño neto André Di Mauro, móstranos a vida do cineasta usando como fío condutor o son dunha entrevista súa realizada nos anos sesenta. Humberto Mauro móstranos a súa marabillosa creatividade, expoñendo as atípicas solucións técnicas ás que chegaba para poder facer as súas películas e a loita contra os problemas inherentes por ser o primeiro en facer cine a principios do s. XX e ademais nunha pequena cidade do interior de Brasil.

“Going South”

Por último, propoñémosvos unha viaxe sensorial a través dun cine difícil de etiquetar. Falamos do traballo innovador, polémico e perturbador dun cineasta inconformista: Dominic Gagnon. O seu cine, a medio camiño entre o documental e o found footage experimental, obtén os seus recursos de internet, concretamente de vídeos de Youtube e outras plataformas. O seu interese céntrase nun novo fenómeno: os vídeos realizados por afeccionados na era das novas tecnoloxías.

En “Going South”, Gagnon explora o efecto democratizador de internet en detrimento dos expertos e a tendencia das redes sociais a encerrarnos en cámaras de eco e a difuminar os límites entre a realidade e a ficción. Todo isto lévanos á conclusión de que en internet todo é verdade.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv familia ou un paquete de televisión superior.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R a rebobina ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.