menú

Folclore americano en Play-Doc TV con Les Blank

07/01/2019
Blog R

Con boa música é a mellor maneira de empezar o ano. En xaneiro, Play-Doc TV propón unha viaxe ao Afastado Oeste con catro títulos das primeiras películas musicais dun cineasta moi peculiar. Les Blank é o protagonista do primeiro mes do ano na subscrición Play-Doc TV da televisión R.

Ata a súa morte, no ano 2013, Les Blank foi un dos directores máis inconfundibles do cine americano. Aínda que, dado que a música e os músicos eran a miúdo a materia principal do seu propio estilo documental, lírico e fluído, talvez a mellor maneira de pensar en Les Blank sexa como un trobador, vagando polos desgastados outeiros do folclore norteamericano, cunha cámara en lugar dunha guitarra.

‘The Blues Accordin’ to Lightnin’ Hopkins’

Entre as súas primeiras películas atópase ‘The Blues Accordin’ to Lightnin’ Hopkins’, que presenta a un dos maiores guitarristas de blues de todos os tempos. Nesta película, unha das primeirísimas obras de Blank, apréciase xa unha das súas marcas características: a intimidade distendida que consegue cos seus personaxes, así como o seu interese en presentar o artista dentro do seu propio mundo. As actuacións musicais que logra capturar son extraordinarias, ao igual que os fragmentos da vida rural americana, neste caso de Texas, que cativan a curiosa e errante cámara de Blank.

‘A Well Spent Life’

Outro guitarrista de blues texano, Mance Lipscomb, protagoniza ‘A Well Spent Life’ (1971). Lipscomb, labrador de toda a vida, tiña sesenta e cinco anos cando foi descuberto e logrou a fama como bluesman. Blank coñecera a Lipscomb mentres facía a película ‘The Blues Accordin’ to Lightnin’ Hopkins’ e quedou fascinado por el. A música nesta película é unha revelación crúa e visceral. Como sempre, Blank mostra unha tenra consideración cara a súa personaxe e comparte deliciosas comidas e conversacións profundamente persoais con Lipscomb e a súa familia. ‘A Well Spent Life’ é unha ollada amable e cariñosa ao interior da vida rural sureña na América profunda de finais dos anos sesenta.

‘Always for Pleasure’

En ‘Always for Pleasure’ (1978), é onde vemos a Blank combinar dúas das súas cousas favoritas: a música e a comida, co gusto dun chef, o oído dun compositor e o ollo dun cineasta. Filmado durante as celebracións do Mardi Gras e o St. Patrick’s Day en Nova Orleans, ‘Always for Pleasur’ é posiblemente a quintaesencia do seu cine. É un palpitante tapiz do espírito, a expresión e o desfrute humanos.

‘A Poem is a Naked Person’

Completa a entrega de xaneiro ‘A Poem is a Naked Person’ (1974/2015), a súa película póstuma. Malia ser rodada en 1975, esta obra mestra do cine musical non viu a luz ata 2015. Como na maioría das películas de Blank, non é tanto un retrato sobre o artista, neste caso o gran músico Leon Russell, como sobre a comunidade creativa e social que o rodea. Filmada co mesmo estilo rápido e solto que vemos e escoitamos na música e na vida frenética de Leon Russell, a película é unha alucinante cápsula do tempo saída directamente dos estraños e decadentes últimos días da América hippie, con soul psicodélico impreso en cada un dos seus fotogramas.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.