menú

Nomes que van máis aló da música, en Play-Doc TV

12/02/2019
Blog R

Existen nomes na historia da música que serán difíciles de esquecer. A estes lles dedica a subscrición Play-Doc TV da televisión R a súa programación en febreiro.

Hai artistas que, máis aló de ser absolutas referencias musicais, convertéronse tamén en iconas culturais que impactaron con forza nos corazóns de millóns de persoas. Tanta é a influencia de moitos deles que o panorama social viuse modificado, alterando ou reforzando actitudes grazas o seu labor. En febreiro, Play-Doc TV propón unha viaxe a través das vidas de catro daqueles que, ó seu xeito, conseguiron cambiar o mundo.

‘Marley’

O laureado director de cine Kevin MacDonald retrata en ‘Marley’ a vida dun das iconas do século XX: Bob Marley. A súa música, a súa influencia e a súa mensaxe de amor e redención son coñecidos en todo o mundo e a súa historia foi por fin levada á pantalla. O atractivo universal deste músico superlativo, o seu impacto na historia da música e o seu papel como profeta social e político, á vez que único, seguen intactos. Só un puñado de músicos conseguiron tal impacto e Bob Marley, malia que a súa vida foi demasiado curta, está entre eles.

A rodaxe desta película levouse a cabo en lugares tan distantes como Ghana, Xapón, Reino Unido, Estados Unidos e, por suposto, na amada Xamaica de Bob. ‘Marley’ é a primeira película na que a familia directa autorizou o uso do seu material privado sobre o cantante.

‘Serge Gainsbourg (Vida de un héroe)’

Outro mito universal e tamén lenda musical é Serge Gainsbourg, un creador insaciable, elegante e transgresor. Foi cantante, escritor, compositor e pintor, pero maiormente foi un infatigable provocador, un tipo de impredicible comportamento na súa vida pública. En ‘Serge Gainsbourg (Vida de un héroe)’, o seu director Joann Sfar nárranos a vida dun heroe, onde as criaturas da mente se plasman na pantalla e a elocuencia conxúgase cos escándalos amorosos. Así nace unha obra subversiva, cun cidadán leal e rebelde como protagonista, que fará vibrar o mundo enteiro.

‘Joe Strummer: Vida y muerte de un cantante’

Como líder da mítica banda The Clash, Joe Strummer non só foi unha lenda ou un músico, senón tamén un comunicador do noso tempo que cambiou a vida de moita xente para sempre. Anos despois da súa morte, aínda se pode sentir a súa influencia en todo o mundo, mesmo con máis forza que nunca. Recorrendo á súa historia punk e á amizade íntima que xurdiu entre o director Juilen Temple e o protagonista, a película é unha homenaxe ao Strummer de antes, durante e despois de The Clash. A película inclúe imaxes inéditas de toda a súa vida e declaracións de Martin Scorsese, Mick Jones, Red Hot Chili Peppers ou Bono, entre outros.

‘Control’

Pecha o ciclo do mes a película ‘Control’, de Anton Corbijn. É o menos mediático dos catro, pero non por iso debemos subestimar a súa influencia. Este filme achéganos á biografía de Ian Curtis, centrándose nos últimos anos da vida do enigmático cantante da banda Joy Division e icona do post-punk inglés, ata o seu tráxico suicidio en 1980. A película fai un repaso por todos os acontecementos que marcaron a vida de Ian: epilepsia, fracaso matrimonial, o seu amante, o seu grupo…

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.