menú

Play-Doc TV, caligrafías dun novo cine

10/12/2018
Blog R

Play-Doc TV convídate a descubrir o traballo de catro autores moi diferentes entre si e que coa súa forma de contar historias chamaron a atención nas principais citas cinematográficas do momento. Propostas moi diversas que confirman a boa saúde da creación recente e a gran diversidade de caligrafías, estilos e narrativas audiovisuais. En decembro, na subscrición Play-Doc TV da televisión R.

Máis aló das historias que nos contan, no cine, como en calquera outra representación artística, o interesante é quen o conta, por que o conta así e como o conta. En definitiva, todo o mundo fala do mesmo: da morte, do amor, do traballo, do diñeiro, do sexo, do odio, da violencia, do home, da muller, da natureza, da infancia, dos recordos, dos soños… Unha historia non é máis que unha forma abstracta de falar de todo iso.

‘Machines’

Hipnótica, laberíntica e desoladora: así é ‘Machines’, a ópera prima de Rahul Jain. Esta obra valente e persoal é unha mirada dura, e á vez dunha sensibilidade extraordinaria, á explotación dos traballadores das fábricas dos países en vías de desenvolvemento. Obríganos a reformularnos se as dinámicas produtivas do mundo no que vivimos son as máis idóneas. Miles de traballadores exhaustos, interminables xornadas laborais e unha inmensa fábrica téxtil nunha cidade industrial no noroeste da India. A cámara viaxa lixeira entre os corredores deste inframundo invisible, onde humanos e máquinas son a mesma cousa.

‘Drift (Deriva)’

Doutra banda, nos traballos da moza directora alemá Helena Wittmann sempre atopamos unha clara fascinación polo mar e a súa representación. En ‘Drift (Deriva)’, proponnos unha aventura sensorial disfrazada de odisea mariña. Dúas mulleres pasan unha fin de semana no Mar do Norte. Unha delas pronto volverá a Arxentina coa súa familia, mentres que a outra tentará achegarse cada vez máis ao océano. O mar queda a cargo da narración.

‘Going South’

Radicalmente diferente é o manual cinematográfico do innovador, perturbador e polémico cineasta canadense Dominic Gagnon. El non filma, traballa con vídeos de YouTube de autores anónimos e crea a partir deles unha especie de comunidade na que estas voces solitarias dialogan entre si e adquiren un novo significado. O resultado é unha abafadora análise da sociedade contemporánea, chea de elementos traxicómicos. En ‘Going South’, a súa última película, Gagnon explora o efecto democratizador de internet, en detrimento dos expertos, e a tendencia das redes sociais a encerrarnos en cápsulas e difuminar os límites entre a realidade e a ficción.

‘Venus’

Completa a entrega deste mes de Play-Doc TV a película ‘Venus’. Trátase do ‘experimento’ de dúas directoras danesas, Lea Glob e Mette Carla Albrechtsen, que convocan un casting como parte do proceso para filmar unha película erótica dirixida por e para mulleres. Máis de 100 mulleres aparecen no seu apartamento e falan directamente á cámara sobre as súas fantasías eróticas, os seus desexos e as súas frustracións. Unha historia sincera, honesta e vulnerable sobre as mulleres en relación ao sexo, ao desexo, ás emocións, aos descubrimentos, ao papel que supostamente deben xogar na cama e a todas aquelas cuestións das que habitualmente non nos atrevemos a falar.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.