menú

Play-Doc TV, máis aló dos límites en novembro

22/11/2018
Blog R

En novembro, Play-Doc TV descubriranos personaxes únicos que exploran os límites das súas capacidades para lograr enormes desafíos. Atletas excepcionais, músicos virtuosos, inventores…. todos eles son aventureiros extraordinarios que asumen enormes sacrificios para cumprir os seus soños. Na subscrición Play-Doc TV da televisión R.

‘Amateurs en el espacio’

Kristian e Peter son amigos, son enxeñeiros de primeiro nivel e comparten un soño: construír un foguete pola súa conta que lles permita viaxar ao espazo. Se teñen éxito, Dinamarca será o cuarto país da historia que envía a persoas máis aló da atmosfera terrestre. Conseguirán construír un foguete co mesmo orzamento que custaría facer un coche?

‘Dolphin Man’

Mergúllate na extraordinaria historia do buceador Jacques Mayol, o primeiro capaz de baixar a 100 metros sen respiración artificial. A vida de Dolphin Man serviulle de inspiración á película de culto ‘The Big Blue’, de Luc Besson. Jacques Mayol, que revolucionou o buceo, viaxou por todo o mundo, promovendo a urxencia dos humanos de volver conectar coa natureza. Un retrato íntimo da súa vida que revela como ‘o home-golfiño’ forzou os límites do corpo e a mente, non só para bater récords senón tamén coa esperanza de descubrir a afinidade máis profunda entre os seres humanos e o mar.

‘Over the Limits’

Cóntanos a historia de Rita Mamun, unha atleta rusa de elite en ximnasia rítmica que chegou ao momento crucial da súa carreira deportiva. Pronto se retirará, pero o seu obxectivo final é converterse en campioa olímpica. A través dos seus adestramentos, vemos a presión física e mental á que son sometidas as deportistas de elite para lograr o éxito.

‘El maravilloso reino de Papa Alaev’

Papa Alaev é o patriarca dunha familia de músicos virtuosos de Tadxiquistán. Carismático e divertido, liderou con man de ferro o grupo musical The Alaev Family. Coa caída da Unión Soviética, Papa Alaev tomou a decisión unilateral de irse do seu país natal. Aos 81 anos, ve como os mozos da familia se rebelan contra a súa rixidez. Un drama shakesperiano cunha banda sonora vibrante.

Subscríbete a Play-Doc TV por 2,30€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.