menú

Play-Doc TV, na procura dunha identidade

05/08/2019
Blog R

Play-Doc TV presta especial atención á obra de creadores de Euskadi, Galicia e Asturias. O director galego Alberto Baamonde achéganos a historia do cociñeiro Javier Olleros en “El Equilibrio de los Opuestos”. O cine máis próximo ao cliente, na televisión R.

Play-Doc TV é o escaparate ideal para cineastas cuxos traballos, en moitas ocasións, están fortemente ligados ao territorio que habitan. Así, catro novas películas súmanse ao catálogo en agosto; son títulos que abordan dende diferentes perspectivas a procura da identidade, tanto persoal como colectiva.

Catro retratos de personaxes únicos

O cineasta asturiano Luis Argeo emprende unha viaxe e faino a través do retrato dun personaxe: Corsino. Así era como se chamaba este octoxenario cando deixou Asturias sendo un neno, no medio do fragor da Guerra Civil. Hoxe, Cole Kivlin quere seguir sendo Corsino e quere recuperar a memoria da súa terra. En “Corsino, by Cole Kivlin”, acompañamos nesta viaxe física e mental a un home que di sentirse en primeiro lugar asturiano e, en segundo, texano.

Tamén a través dun retrato, o director galego Alberto Baamonde cóntanos a historia dun personaxe moi conectado á súa terra e á súa comunidade. En “El Equilibrio de los Opuestos”, coñecemos ao cociñeiro Javier Olleros nun momento difícil da súa vida, cando se ve obrigado a pechar o seu prestixioso restaurante “Culler de Pau”, posuidor dunha estrela Michelin. A película fala da superación da adversidade, da familia, da pertenza a un lugar e a unhas raíces e da cociña como redención.

“Next” é un retrato coral. As protagonistas aquí son adolescentes que perseguen un soño, ou quizais o soño dos seus pais, que non é outro que o desexo universal de converterse en actrices famosas. Nenas que chegan en masa á cidade de Los Ángeles, felices e contentas, e ensaian para audicións na cola do supermercado buscando o seu anaco do pastel, ese soño americano que todos os días prometen na televisión.

Por último, Jesús M. Palacios proponnos unha viaxe ao noso pasado máis turbador. En “Ikusleak – Los que Ven”, o director vasco recupera unha serie de fotografías sobrecolledoras dun tempo que agora nos resulta demasiado afastado, rememorando os sorprendentes sucesos ocorridos tras a suposta aparición da Virxe a dous nenos en Ezkioga, en 1931.

Como ver Play-Doc?

Podes ver Play-Doc TV se tes contratada a opción tv familia ou un paquete de televisión superior.

As películas de Play-Doc están dispoñibles a través de rebobina. Accede co teu mando de R a rebobina ao destacado de Play-Doc e mira cando queiras os contidos dispoñibles, que cambian cada mes.

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.