menú

As pelis e series favoritas dos nosos compañeiros de R

25/01/2021
Blog R

Pedimos a algúns dos nosos compañeiros que nos recomendasen series e pelis para estas frías tardes-noites de inverno. Hai moito onde elixir na nosa televisión R, e isto é o que nos dixeron.

A primeira opción chéganos da man de Ridley Scott con ‘Raised by Wolves’. Nun futuro no que a Terra foi destruída tras unha gran guerra, dous androides, ‘Madre’ e ‘Padre’, teñen como misión criar e protexer un neno humano.

Outra grande aposta é ‘El desorden que dejas’, a primeira produción orixinal de Netflix gravada integramente en Galicia. Misterio con acento galego nunha historia baseada na novela homónima do ourensán Carlos Montero, gañadora do Premio Primavera de Novela en 2016, que engancha dende o primeiro momento.

Se che apetece unha historia familiar interxeracional, non perdas ‘This is us’ en FOX Life.

Gústanche as historias de suspense e terror cun toque sobrenatural? A túa serie é ‘Dark’. Síguea en Netflix.

El Cid‘, recentemente estreada en Amazon Prime Video, é unha fantástica opción para desfrutar mentres aprendes un pouco de historia.


Es un fan do fútbol? Seguro que che gustará saber como este deporte revoluciona a sociedade inglesa do século XIX. Descubre ‘Un juego de caballeros’.

Intriga, romances, loita de clases… Presentámosche a ‘Los Bridgerton’, os oito irmáns da alta sociedade londiniense que se converteron noutro grande éxito de Netflix.

E seguimos por terras inglesas con ‘The Crown’. A veterana serie de Netflix non perde interese nunha cuarta tempada na que entraron en xogo as mismísimas Margaret Thatcher e Diana de Gales. Imposible non engancharse a unha trama que se sitúa nunha etapa tan recente e tan próxima da historia do Reino Unido, ademais de ser unha produción con factura impecable.


Quen nos ía dicir que Millie Bobby Brown se convertería na nova Sherlock. Non perdades as aventuras da irmá menor do famoso detective en ‘Enola Holmes’.

Se tes adolescentes en casa, pasaralo xenial rememorando musicais e temazos dos 60-90 con ‘Glee’.

E un clásico que nunca deixa de sacarnos un sorriso, ‘Friends’. Comedy Central achéganos ao grupo de amigos máis querido da pequena pantalla.

Pero, sen dúbida, a serie revelación da tempada é ‘Gambito de dama’: pola súa historia; pola ‘papelón’ da súa protagonista, Anya Taylor-Joy, como Beth Harmon; por apostar por un deporte de mesa apaixonante pero descoñecido por moitos/as; pola súa fantástica creación de ambientes. Como vedes, sobran os motivos para engancharse á serie do momento. Dispoñible en Netflix, accesible dende o noso deco 4 K.

Que non falte o cine

En canto a pelis, os nosos compañeiros destacan ‘Jojo Rabbit’, a historia dun neno de 10 anos que ten como amigo imaxinario ao mismísimo Hitler. Podes desfrutar da peli en rebobina se dispós de M. Estrenos. Lembra que podes contratar Movistar Estrenos coa nosa opción Cine.


Unha misteriosa desaparición é o punto de partida de ‘¿Dónde estás Bernadette?’. E quen é Bernadette? Nai, arquitecta e, sobretodo, unha persoa que moitos definirían como peculiar decidida a atopar o que a fai ser ela mesma. En Amazon Prime Video, dispoñible tamén dende o noso deco 4K.

E para unha tarde de sofá e manta, nada mellor que unha peli clásica das de toda a vida, desas que nos achega TCM. Porque sempre é bo momento para ver de novo ‘Adivina quién viene esta noche’, ‘La fiera de mi niña’, ‘Con faldas y a lo loco’ ou ‘Cantando bajo la lluvia’, non credes?

Cóntanos: que series e pelis nos recomendas?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.