menú

Os Óscar vívense en Movistar Estrenos

06/02/2020
Blog R

A noite máis cinematográfica do ano vívese na televisión R coa retransmisión da cerimonia de entrega dos Óscar a madrugada do domingo 9 ao luns 10 de febreiro en Movistar Estrenos.

Unha noite de cine e glamour

A madrugada do domingo 9 ao luns 10, en directo e en exclusiva, cita no Dolby Theatre de Los Ángeles coa alfombra vermella e a entrega de premios da 92ª Cerimonia dos Óscar. Ademais, o luns 10, en prime time, a canle emite un amplo resumo da gala e o martes 11, ás 14:00 h., multidifusión da alfombra vermella e a cerimonia.

A emisión especial comeza co programa ‘La noche de los Óscar’, un repaso ás candidaturas e aos mellores estilismos nesta gran noite de cine e moda. O programa estará presentado por María Guerra e Pepa Blanes e contará coas intervencións, dende a alfombra vermella do Dolby Theatre de Los Ángeles, de Cristina Teva e Gui de Mulder.

Posteriormente, Movistar Estrenos emite o programa ‘La alfombra roja’, que recolle o desfile de nominados e estrelas de Hollywood previo á cerimonia e no que Cristina Teva e Gui de Mulder entrevistarán os seus protagonistas.

A 92ª edición da cerimonia dos Óscar dará comezo ás 02:00 h.

Como ver a cerimonia dos Óscar en R

Só debes ter a opción cine da túa televisión R. Apunta o dial de Movistar Estrenos.

  • Galicia: dial 2
  • León e Cantabria: dial 46

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

2 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Alberto di:

    El canal Movistar estrenos está en 2 no en el 4