menú

Os Oscar e as mellores pelis, ao 50% na tele de R

21/02/2017
Blog R

Ola. Se es 100% cinéfilo, se a sétima arte corre polas túas veas, se Orson Welles, Billy Wilder ou Fellini son para ti da familia, de seguro que xa tes marcado no calendario o 26 de febreiro. Esa noite terá lugar a cerimonia dos Oscar, na que a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos premia as mellores películas e producións do 2017.

E para que a desfrutes en directo en Movistar Estrenos (dial 4), agora deixámosche a canle ao 50% durante 6 meses. E ollo, sen compromiso de permanencia. Como o les. Só tes que ir ao dial 4, contratar directamente co mando e… voilà! Vai xuntando flocos de millo porque terás acceso ao mellor cine.

A cerimonia dos Oscar

Este ano a gala estará conducida polo cómico, actor, presentador e guionista (xa non había máis espazo no seu currículo) Jimmy Kimmel. Prepara a túa particular porra, aposta cos amigos e familiares e prepárate a desfrutar da noite.

O 26 de febreiro, ás 23.30h, comeza en Movistar Estrenos a previa do evento. Á 1 da madrugada os famosos desfilarán pola popular ‘alfombra vermella’. E ás 2:30 h comezarán os premios. Se non queres trasnoitar, lembra que o terás todo en rebobina 

Obras nominadas en Movistar Estrenos

Varias das producións que este ano aspiran a gañar un Oscar xa están dispoñibles en Movistar Estrenos. Facémosche un pequeno repaso:

  • Zootrópolis: nominada a mellor película de animación. Emítese o 27/02 ás 19.50h
  • Life animated: nominado ao mellor documental. Emítese o 23/02 ás 13.35h
  • Ave César!: nominada a mellor deseño de produción. Emítese o 22/02 ás 18.00h
  • Timecode: nominada a mellor curta de ficción. Emítese o 26/02 ás 12.00h
  • Vaysha la ciega: nominada a mellor curta de animación. Emítese o 25/02 ás 08.00h

Pelis gañadoras

No caso de que aínda non viras algunhas das películas gañadoras dos Oscar o ano pasado, tes a oportunidade de facelo, xa que a canle emite algúns dos títulos máis destacados:

  • Spotlight: Oscar á mellor película e guión no 2006. Emítese o 26/02 ás 15.30h.
  • El renacido: Oscar ao mellor director, actor e fotografía no 2006. Emítese o 25/02 ás 15.30h
  • La habitación: Oscar á mellor actriz o ano pasado. Emítese o 24/02 ás 15.30h
  • La chica danesa: Oscar á mellor actriz de reparto 2016. Emítese o 23/02 ás 15.30h
  • El puente de los espías: Oscar ao mellor actor de reparto na pasada edición. Emítese o 22/02 ás 15.30h
  • El hijo de Saúl: Oscar á mellor película de fala non inglesa. Emítese o 28/02 ás 20.15h
  • Los odiosos ocho: Oscar á mellor música. Emítese o 06/03 ás 10.55h

En rebobina

Lembra de novo que unha das cousas boas de Movistar Estrenos, ademais de que en R a temos a metade de prezo durante medio ano se o contratas agora, é que tes os seus contidos dispoñibles en rebobina.

E ten ducias e ducias de títulos de gran calidade. Por exemplo, repasando esta semana, a canle emite estas pelis que saíron do cine hai ben pouco:

  • Mi amigo el gigante
  • Money Monster
  • Ahora me ves 2
  • Un espía y medio
  • Anacleto, agente secreto
  • Ted 2
  • Marte
  • El nuevo exótico Hotel Marigold
  • Malditos vecinos 2

O dito, se che apetece bo cine a un prezo incrible, pagando a metade ( 4,5€/mes IVE incl.) durante 6 meses, só tes que ir ao dial 4 e contratar co teu mando R.

E con calquera dúbida, por aquí estamos.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

6 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Julia di:

    Hola, quería comentaros que al intentar contratarlo por la tv me sale a 9euros, no me da la opción de mitad de precio;(

  2. Avatar Jose Carlos Almon Cerdeira di:

    Hola,desconozco el pin que me solicita el canal 4, para acogerme a la promo que ofertais, me lo podéis solucionar.
    Gracias

  3. Avatar J.L.P. di:

    Si no sé como se conecta su TV, que pago pero no uso, para qué leer sus informes de películas. Mi solución es la T.V. nacional, que, entre otras utilidades figura la de ver, con todo el retraso que quieras, todos los programas habituales que emita, y sin tener que pagar nada.