menú

Descubre ‘Los Secretos de Sulphur Springs’ en rebobina

23/04/2021
Blog R

Cres en pantasmas? O venres 23 de abril preestreamos en rebobina, na televisión R, ‘Los Secretos de Sulphur Springs’, unha nova serie de Disney Channel que poñerá a proba a túa opinión sobre as pantasmas e tamén as túas dotes como detective.

Cada segredo ten o seu momento e lugar

Presentámosche a Griffin, un neno de 12 anos que se muda coa súa familia ao vello hotel ‘Tremont’ na cidade de Sulphur Springs. E non é un hotel calquera, xa que todo o pobo cre que está enmeigado pola pantasma dunha nena chamada Savannah que desapareceu hai xa 30 anos.

Detrás de cada porta e de cada parede parecen esconderse novos e vellos segredos. Griffin e a súa nova amiga Harper deciden investigar o pasado para saber que ocorreu con Savannah Dillon e atopan un portal secreto que lles permite viaxar no tempo. Quizais así poidan descubrir o que ocorreu pero, e se hai alguén que non quere que descubran a verdade?


Pantasmas e misterios cítanse nesta nova serie protagonizada por Preston Oliver como Griffin Campbell e Kyliegh Curran como Harper, xunto con Kelly Frye, Madeleine McGraw, Landon Gordon e Josh Braaten.

Porque o novo fogar de Griffin non deixa lugar ao aburrimento. Que lle pasará a Savannah? Non perdas a nova serie ‘Los Secretos de Sulphur Springs’ e descubre o misterio antes que ninguén en rebobina dende o venres 23 de abril, e en Disney Channel a partir do sábado 1 de maio.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

1 comentario

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.