menú

‘Los Cazadores de Mitos Jr’, en Discovery Channel

26/03/2019
Blog R

Adam Savage recruta un grupo de pequenos xenios para a nova serie ‘Los Cazadores de Mitos Jr’, que se estrea en Discovery Channel o domingo 31 de marzo ás 12:35 h. Mitos e teorías a exame na televisión R.

Os fans do exitoso formato ‘Los Cazadores de Mitos’ pensaban que o tiñan visto todo no programa. Pero un dos seus presentadores orixinais, Adam Savage, volve sorprender a audiencia acompañado por seis pequenos xenios que demostrarán os seus coñecementos e o seu enxeño para resolver algúns dos mitos máis espectaculares da historia.

Ao longo de moitos anos e programas, Adam Savage dedicouse a comprobar todo tipo de mitos, tanto históricos como da propia ficción televisiva ou cinematográfica. Os seus experimentos alentaron a unha nova xeración que agora poñerá a súa sabedoría a proba coa chegada de ‘Los Cazadores de Mitos Jr’.

Os protagonistas

Adam Savage está acompañado nesta nova aventura televisiva por seis prometedores mozos.

Cannan conta con tan só 12 anos e atópase no segundo curso universitario nunha dobre licenciatura de enxeñería e astrofísica. Elijah, de 13 anos, é un xenio da electrónica mentres que Jesse, con 15, é un mestre da soldadura. Aos seus 13 anos, Allie é unha máquina creadora de patentes; Valerie, de 15, unha experta en robótica; e Rachel exerce como deseñadora e construtora deste novo equipo.

O programa constitúe un formato divulgativo e familiar no que as sorpresas, as explosións, os bos momentos, os retos imposibles ou disciplinas como a ciencia, a tecnoloxía, a enxeñería, a arte ou as matemáticas forman parte de cada entrega.

A serie ‘Breaking Bad’ ou as películas ‘Gravity’ e ‘Alien’, a exame

‘Breaking Bad’ será o protagonista dun dos episodios de ‘Los Cazadores de Mitos Jr’, que ademais recibirá a visita do creador da serie, Vince Gilligan. O director poñerá a proba aos pequenos cazadores retándoos a comprobar se é real ou ficción unha escena na que o protagonista Walter White destrúe unhas probas ao limpar un disco duro da policía cun imán de chatarra.

Doutra banda, a película ‘Gravity’, protagonizada por Sandra Bullock, tampouco se escapará do exame de ‘Los Cazadores de Mitos Jr’. Elijah, Jesse e Valerie tentarán desvelar se se trata dunha fazaña real ou dun simple soño cinematográfico o momento no que Bullock utiliza un extintor de incendios para propulsarse cara a estación espacial.

E que hai de certo no famoso lema da película ‘Alien’ que indica que ‘no espazo ninguén te oe gritar’? Allie, Cannan e Rachel construirán unha cámara sen carga e tentarán probar esta teoría, será certa?

Como ver ‘Los Cazadores de Mitos Jr’ en R

Podes ver ‘Los Cazadores de Mitos Jr’ se tes contratada a opción tv familia ou festa rachada da televisión R. Apunta o dial:

  • Dial 51: Galicia
  • Dial 54: León

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo desde aquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.