menú

Odisea aborda ‘Las mentiras de Facebook’

12/03/2019
Blog R

O martes 19 de marzo, ás 22:30 h, Odisea (dial 54) estrea ‘Las mentiras de Facebook’. Unha mirada reveladora aos paradoxos que presenta a polémica rede social, na televisión R.

A promesa de Facebook era reunirte cos teus vellos amigos e crear un mundo hiperconectado. Pero os recentes escándalos sobre a proliferación de ‘fake news’ e discursos de odio, a inxerencia en procesos electorais e a filtración e desprotección de datos de millóns de usuarios fixeron que nos expoñamos á seguinte cuestión: é Facebook máis prexudicial que útil?

De escándalo en escándalo

Con material inédito e entrevistas en primicia a traballadores e ex traballadores da compañía, ‘Las mentiras de Facebook’ investiga o seu poderoso impacto na privacidade e na democracia no mundo. Trátase dunha mirada oportuna e reveladora ás advertencias, negacións e consecuencias imprevistas que acompañaron o crecemento de Facebook.

Os escándalos parecen pillar a Facebook por sorpresa, pero as advertencias sobre os riscos estiveron aí dende hai moito tempo e foron ignoradas pola compañía na súa traxectoria meteórica, dende o dormitorio de Mark Zuckerberg en Harvard ata converterse nun imperio global con máis de dous mil millóns de usuarios.

A procura de crecemento, ingresos e usuarios transformaron Facebook nunha rede de vixilancia, unha superpotencia mundial e un actor principal nos movementos sociais e nas eleccións de todo o mundo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.