menú

Odisea analiza a fatiga na sociedade actual

18/09/2019
Blog R

A tensión e as présas que se impoñen no noso día a día están detrás da falta de enerxía que lles afecta a moitas persoas. Odisea analiza este fenómeno no documental “Kómoda, la vida sin energía”. Estrea o martes 24 de setembro ás 22:30 h na televisión R.

Un estudo realizado pola Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria sinala que un 73 % da poboación española declara sentir con frecuencia falta de vitalidade.

A era do estrés e o cansazo

Inmersos nun contexto marcado polos avances tecnolóxicos, a sociedade actual enfróntase a situacións que xeracións pasadas nin imaxinaban. A celeridade e a inmediatez convertéronse no noso pan de cada día e con iso chegaron o cansazo xeneralizado e a fatiga.

“Kómoda, la vida sin energía” explora as causas que provocan a fatiga e busca sentar as bases de posibles solucións en ámbitos como o traballo, o lecer, a alimentación ou o sexo.

O documental conta coa colaboración de expertos nas distintas áreas analizadas e a participación do actor Nicolás Coronado.

Como ver “Kómoda, la vida sin energía”

Só debes ter a opción total da túa televisión R. Apunta os diais:

  • Galicia: dial 54
  • León e Cantabria: dial 57

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.