menú

“El reino”, en Movistar Estrenos

23/04/2019
Blog R

Chega á televisión R unha das películas máis premiadas do cine español no último ano: “El reino”. O mércores 1 de maio, ás 22:00 h, en Movistar Estrenos.

Un thriller sobre corrupción política

Manuel é un alto cargo autonómico dun partido político. As alarmas saltan na súa contorna cando Paco, un dos seus mellores amigos e vicesecretario do partido, é detido baixo a acusación de manipulación de concurso público.

Manuel termina sendo salpicado polo escándalo, do que unicamente Paco sae indemne. É expulsado do ‘reino’, sinalado pola opinión pública e traizoado polos que, ata facía unhas horas, eran os seus amigos. Aínda que o partido pretende que el cargue con toda a responsabilidade, Manuel non se resigna a caer só e loitará contra unha maquinaria de corrupción que leva anos engraxada e contra un sistema de partidos no que os reis caen, pero os reinos continúan.

Premios e recoñecementos

Rodrigo Sorogoyen (“Que Dios nos perdone”, “Stockholm”) dirixe este thriller político protagonizado por Antonio de la Torre. O filme gañou sete premios Goya no ano 2019 -director, guión orixinal, actor principal (De la Torre), actor de reparto (Luis Zahera), música orixinal, montaxe e son-, o que a converteu na gran triunfadora dos Goya, xunto a “Campeones”.

Coescrita por Sorogoyen e a súa compañeira habitual Isabel Peña, conta tamén coas interpretacións de Mónica López, Josep Maria Pou, Nacho Fresneda, Ana Wagener, Bárbara Lennie e Luis Zahera.

“El reino” tamén obtivo, entre outros moitos galardóns, catro premios Feroz (director, actor principal, actor de reparto e guión), o Fotogramas de prata e o José María Forqué ao mellor acto (De la Torre).

Como ver “El reino” en R

Podes desfrutar de “El reino” se tes contratada as opción tv festa rachada ou a opción Movistar Estrenos. Apunta o dial:

  • Galicia: dial 4
  • León e Cantabria: dial 46

Se non tes contratada a televisión R, podes facelo dende aquí

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.