menú

‘El hilo invisible’, en M. Estrenos

16/10/2018
Blog R

O venres 19 de outubro, ás 22:00 h, chega a Movistar Estrenos o drama romántico ‘El hilo invisible’, protagonizado polo oscarizado actor Daniel Day-Lewis e inspirado na figura do deseñador español Cristóbal Balenciaga. Cine de estrea na televisión R.

Unha vida para a moda

No Londres de 1950, para o metódico e adusto deseñador de moda Reynolds Woodcock, as súas creacións son a súa vida. Nela só hai sitio para os seus vestidos, a súa controladora irmá Cyril e algún amor ocasional… ata que un día coñece a unha nova e temperamental camareira.

Para crear ao personaxe principal da película, Paul Thomas Anderson inspirouse na forma de enfrontarse á vida e ao traballo do deseñador español Balenciaga.

Premios, recoñecementos.. e boa música

Paul Thomas Anderson dirixe e escribe o guión, ademais de encargarse da fotografía, deste drama romántico que obtivo seis nominacións aos Oscar 2018: Mellor Película, Mellor Director (Anderson), Mellor Actor protagonista (Daniel Day-Lewis), Mellor Actriz de reparto (Lesley Manville), Mellor Banda Sonora (Jonny Greenwood) e Mellor Vestiario, galardón que finalmente conseguiría.

En ‘El hilo invisible’, Anderson volve colaborar con Daniel Day-Lewis dez anos despois de ‘Pozos de ambición’ (2017), cinta que lle valeu ao actor irlandés de orixe británica o seu segundo Oscar. Nesta ocasión, Day-Lewis comparte cartel con Vicky Krieps e Lesley Manville.

Anderson tamén volve contar nesta película con Jonny Greenwood, membro do grupo de rock alternativo Radiohead, que compuxo a banda sonora do filme, como xa fixera con tres das súas anteriores cintas: ‘Puro vicio’ (2014), ‘The Master’ (2012) e ‘Pozos de ambición’ (2007).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.