menú

Universal+, goza dos mellores contidos de Calle 13, Syfy e DreamWorks

05/11/2021
Blog R

Máis ciencia ficción, máis thriller e máis diversión. Dende tempadas completas a estreas… os mellores contidos de Calle 13, Syfy e DreamWorks están agora reunidos en Universal+, un novo servizo que xa podes atopar en rebobina coa túa opción TV Ocio ou TV total.

Co suspense e a acción de Calle 13

En Universal+ temos, por exemplo, a Petra Delicato, a solitaria e tenaz inspectora que resolve crimes en primeira liña en ‘Petra’. Tamén seguimos de preto as investigacións de ‘Departure: Máxima velocidad’ sobre o descarrilamento dun tren experimental de alta velocidade, ‘The Apollo’. En novembro estrea segunda tempada. Quen foi o culpable?

Coñeceremos a ‘Gloria’, a nai de tres fillos que ve cambalearse a súa vida cando o seu esposo marcha traballar unha mañá e nunca volve, e a Robyn McCall, interpretada pola multifacética Queen Latifah, unha enigmática muller con misteriosos antecedentes que utiliza as súas amplas habilidades como ex axente da CIA para axudar a aqueles que non teñen onde acudir en ‘The Equalizer’.


Tampouco faltan clásicos da canle Calle 13 como ‘Chicago P.D’ e ‘Ley y Orden: Crimen organizado‘.

Terror e fantasía da man de Syfy

Pasamos do suspense de Calle 13 á ciencia ficción de Syfy e atopámonos con ‘Evil’, a serie na que o mal axexa máis que nunca. Na segunda tempada, Kristen enfróntase ao seu lado máis escuro, David sente a tentación segundo se vai aproximando a súa ordenación e Ben sofre terrores nocturnos que se alimentan dos seus maiores medos.


Entre os moitos contidos que atoparás en Universal+, tes tamén as arrepiantes visións de Cassie Bedford en ‘The InBetween’, a fantasía máxica de ‘The Librarians’ e o terror dunha das novidades de novembro, ‘Day of the Dead’, a serie inspirada no universo zombi de George A. Romero.

E contidos infantís con DreamWorks

Para os máis peques da casa, en Universal+ espéranvos horas de diversión, entre outros, ‘Voltron, el defensor legendario’. A reinterpretación dunha das series máis populares da historia é unha comedia con toneladas de acción protagonizada por cinco inxenuos adolescentes da Terra que se ven envoltos nunha épica guerra intergaláctica.

E non faltan tampouco pelis que farán as delicias de toda a familia, como ‘Trolls: ¡No pierdas el ritmo!’ ou ‘Viva el rey Julien’.

Estás preparado/a para gozar coas mellores series e películas con Universal+? Xa o tes dispoñible gratis en rebobina coa túa opción TV Ocio (Calle 13 e Syfy) ou TV Total (Calle 13, Syfy e DreamWorks).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.