menú

Estrea de “Planeta Hostil” en National Geographic

25/04/2019
Blog R

“Planeta Hostil” é a nova serie que chega a National Geographic o sábado 27 de abril, ás 16:00 h. As consecuencias do cambio climático sométense a análise na televisión R.

Os efectos do cambio climático

O cambio climático e os seus efectos no medioambiente alteran abruptamente o equilibrio da vida na Terra. Os estragos causados nas últimas catro décadas puxeron en serio perigo ou mesmo aniquilaron por completo a vida de numerosas especies, causando unha fenda preocupante na supervivencia da vida salvaxe e obrigando a numerosos animais a adaptarse para sobrevivir ante a adversidade.

A nova serie documental pon o foco no cambio climático para mostrar como os seus efectos transformaron distintas rexións do planeta. Da man do experto en supervivencia Bear Grylls, a serie percorre os ambientes máis perigosos da Terra e o día a día das súas especies por medio de imaxes impactantes, filmadas polo director de fotografía mexicano Guillermo Navarro, gañador do Oscar por ‘El laberinto del fauno’, de Guillermo del Toro.

Montañas, océanos, desertos…

“Planeta Hostil” estréase de maneira simultánea nas canles National Geographic e Nat Geo Wild co episodio titulado ‘Montañas’, un percorrido polas rexións montañosas máis altas da Terra, onde se atopan leopardos das neves, aguias reais e cabras montesas.

En sucesivas semanas, a serie emítese todos os sábados ás 16:00 h só en National Geographic con episodios dedicados aos océanos, ás praderías, ás xunglas ou ós desertos, entre outros.

Episodios de “Planeta Hostil”

  • “Montañas”, sábado 27 de abril, ás 16:00 h
  • “Océanos”, sábado 4 de maio, ás 16:00 h
  • “Praderas”, sábado 11 de maio, ás 16:00 h
  • “Junglas”, sábado 18 de maio, ás 16:00 h
  • “Desiertos”, sábado 25 de maio, ás 16:00 h
  • “Polar”, sábado 1 de xunio, ás 16:00 h

Onde o podo ver?

Poderás ver todo este contido se dispós da túa televisión R, con calquera das opcións series ou familia, sintonizando a seguinte canle:

  • Galicia: dial 50
  • León e Cantabria: dial 51

Se aínda non tes estas opcións de televisión R, non dubides en contralas e, nun par de horas, estarás a desfrutar destes e de moitos máis contidos.

rebobina

Ademais, se o día e a hora de emisión non se adaptan a túa ocupada axenda, non te preocupes, poderás desfrutar do contido sempre que queiras co servizo baixo demanda de R. rebobina é un servizo que che permitirá ver o contido cando mellor che veña, ademais de poder rebobinalo cantas veces desexes.

Para calquera dubida, estamos á túa disposición en calquera das nosas canles.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.