menú

Novembro, un mes de clásicos en Tolemias

12/11/2018
Blog R

Tolemias inclúe en novembro música deses grupos clásicos que son toda unha referencia para varias xeracións, sen esquecerse de novos artistas actuais que xa se converteron en iconas. Desfruta na televisión R de Iron Maiden, Green Day, Pablo Alborán ou Hombres G.

Iron Maiden – Live After Death

Esta obra presenta unha seleción das mellores interpretacións dos clásicos da banda na xira de 1985 ‘Iron Maiden World Slavery Tour’. Coma sempre, todo ao grande, cun espectáculo visual á altura da interpretación, onde poderás ver a unha momia mecánica gigante ou a unha esfinxe cargada de material pirotécnico.

Green Day – Awesome As ****

Green Day decidiu estrenar o seu novo set de directo (repertorio e escenografía) co lanzamento desta obra que recolle as interpretacións máis intensas de cancións como ‘Welcome To Paradise’, ‘Boulevard Of Broken Dreams’ ou ’21 Guns’ nun concerto que ofreceu a banda en Toquio no ano 2010.

Pablo Alborán – Tour Terral (en directo)

‘Tour Terral. Tres noches en Las Ventas’ é o álbum insignia de Pablo Alborán, o cal resume á perfección o vivido durante as tres veladas que ofreceu na Praza de Touros de Las Ventas de Madrid. Acompañado dun grandioso montaxe de son e luces, Pablo Alborán confirmou sobre o escenario madrileño que o seu era o espectáculo musical do ano, con máis de 45.000 asistentes.

Fito y Fitipaldis – Directo Teatro Arriaga

As dúas actuacións ofrecidas por Fito & Fitipaldis no Teatro Arriaga de Bilbao foron as encargadas de despedir a xira 2012/2013 de teatros e auditorios da banda. Foi un peche de xira diferente, emotivo e moi especial, no que toda a recaudación se destinou ao Banco de Alimentos de Biscaia, que cada mes axuda a 33.500 personas.

Hombres G – En la arena (Xira ’30 años y un día’ / Las Ventas, 26 de xuño de 2015)

Hombres G é un grupo mítico que comezou a súa traxectoria en 1983. Despois de pasar polos escenarios de medio mundo, cesaron a súa actividade durante dez anos. Pero como todos os grandes grupos, a volta foi pola porta grande. O seu éxito ao outro lado do atlántico e grandes cancións como ‘Lo noto’ ou ‘No te escaparás’ uníronse ao seu repertorio clásico e encadilaron tamén ás novas xeracións.

Quique González – Ajuste de cuentas

‘Ajuste de Cuentas’ é o primeiro disco gravado en directo na carreira de Quique González. Acompañado da súa banda e de grandes artistas convidados como Drexler, Iván Ferreiro, Rebeca Jiménez, Bunbury ou Miguel Ríos, repasa os mellores temas dos seus primeiros cinco discos de estudio e inclúe catro novas cancións.

Bayreuth Festival – Wagner: Die Walküre

Dirixida por Daniel Barenboim e Harry Kupfer, esta representación de Wagner ‘Der Ring des Nibelungen’ está considerada a mellor produción audiovisual ata hoxe en día desta obra, realizada en 1992 no Festival de Bayreuth.

Brian Wilson and Friends

‘Brian Wilson and Friends’ é unha produción que repasa a traxectoria do músico californiano, membro fundador de The Beach Boys. O programa foi gravado en Las Vegas, no prestixioso programa ‘Soundstage’, con Wilson rodeado polos seus antigos compañeiros e ilustres convidados.

Cream – Royal Albert Hall London

Concerto gravado en Londres en maio de 2005 no Royal Albert Hall durante catro noites. Os 3 fundadores orixinais de Cream e lendas vivas do mundo do rock, Eric Clapton, Ginger Baker e Jack Bruce, repasaron o mellor do seu repertorio. Esta é a produción que inmortaliza unha reunión histórica e irrepetible.

Jethro Tull – A New Day Yesterday (The 25th Anniversary Collection 1969 – 1994)

Este documental da histórica banda dos 70 contén entrevistas, actuacións en directo, vídeos promocionais e as gravacións dos ensaios para a xira/reunión conmemorativa do 25º aniversario de Jethro Tull.

Subscríbete a Tolemias por 2,99€/mes (IVE incluído).

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.