menú
logos-canles-hd

Seis novas canles en HD na televisión R

25/10/2018
Blog R

Ola! Todo este ano teimamos coa televisión porque nos propuxemos o obxectivo de mellorar tanto o sinal como as opcións que che estamos a ofrecer. E agora damos un paso un paso máis nesta liña.

Como sabes, estes meses introducimos novas canles infantís como Nick Jr e Baby TV, ademais de formatos innovadores como Disney Pop Pick, de música como as de MTV e deportivas como Garage TV.

Tamén creamos novos paquetes  buscando ofrecerche unha experiencia máis personalizable aos teus intereses, con diferentes opcións á carta. Consulta todas as opcións na grella de canles.

Máis canles en HD

Pero non só nos queremos centrar no contido. Agora mesmo desfrutas de canles en alta definición co mellor sinal do mercado, con ata 20 megas de calidade para non perder detalle dos teus contidos preferidos.

Pero sabemos ben que algunhas das nosas canles continuaban a emitir en calidade SD, así que nos puxemos traballar estes meses. E xa está todo listo. Dende o xoves 25 de outubro terás seis novas canles en alta definición no teu deco HD ou 4k.

Deportes

Aqueles cun paquete tv familia, tv festa, tv festa rachada ou tv total, que contan coas canles Eurosport 2 (dial 71) e Garage (dial 76) xa poden ver as competicións coa máxima calidade. Ademais, os que mirades Gol Televisión tamén a veredes en calidade HD.

Documentais

Non só deporte, Discovery (dial 51) actualiza tamén o seu sinal a alta definición no dial 51. Se os docus xa eran unha pasada, agora de seguro que non te deixan indiferente.

E os peques tamén

Como non todo ía ser para os maiores, os pequerrechos da casa terán dúas das súas canles preferidas en HD: Nickelodeon (dial 151) e Disney Channel (dial 156).

Seguiremos a traballar para actualizar as canles que che ofrecemos e mellorar cada día a túa experiencia na televisión R. Así que non deixes de enviarnos as túas suxestións, porque nos axudan a crecer.

Un saúdo!

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

21 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. antonio mendez perez di:

    ¿Hay alguno de ellos en abierto?

  2. Emilio Rodríguez Canedo di:

    quería saber cales canales son gratuitos e que serias uo películas son gratis.
    Grtacias
    Un saludo

  3. Humberto Montare di:

    Seis nuevos canales en HD en la televisión R.

    Hola.

    Excelente “pasar” a HD, los canales arriba señalados.

    Sólo les hago una petición para más adelante, dial 40, Mega.

    Un saludo.

  4. Nelson Ferreira di:

    Si pero no puedo rebobinar el canal 60 desde ace 2 meses

  5. Juan di:

    Pues no soy yo muy dado a felicitaros, pero esta vez si. Sobre todo por Gol HD, ya que otras distribuidoras si lo tenían. Pero también por los demás. Todo lo que sea mejorar la calidad de imagen perfecto.

    Muy bien este cambio.

  6. Daniel Silva di:

    con discovery channel llegais varios años tarde

  7. jose luis novoa vazquez di:

    Levo tres semanas intentando ver peliculas,en Rebovina e non podo xa que teñen oscilacions