menú

Nós Televisión, novidade na televisión R

14/03/2019
Blog R

A televisión R conta cunha nova canle dende este xoves 14 de marzo. Nós Televisión estará dispoñible no dial 119 para todos os clientes.

Emisión en galego e centrada en Galicia

Nós Televisión defínese como unha televisión galega, en galego e centrada en Galicia.

A canle aposta por programas de índole local e autonómica, con gran protagonismo cidadán e moita creatividade, con especial atención ás redes sociais.

A súa programación céntrase en debates, reportaxes e entrevistas que queren ofrecer un punto de vista diferente e converterse nun altofalante para esas minorías que non sempre aparecen reflectidas nos grandes medios.

Contidos de produción propia

Informativos como ‘Espazo Aberto’, programas de opinión como ‘Rede Galega de Videoblogues’, as entrevistas de ‘A Cámara Branca’, os debates de ‘O debate con praza’ e os documentais de ‘Madia leva!’ son algúns dos contidos que podemos desfrutar en Nós Televisión.

Ademais destes espazos de produción propia, Nós Televisión ofrece contidos variados derivados dos seus acordos con entidades, institucións e empresas, tales como a Editorial Galaxia ou a Real Academia Galega, e vinculados a plataformas como ‘Galeguizar Galicia’, ‘Galiza Ano Cero’ ou ‘Tingaralanga’.

Toma nota. Agora tes unha nova canle de música, documentais, información, cultura e música galegas no dial 119. Nós Televisión, de recente creación, dá o salto a toda Galicia coa súa incorporación na televisión R.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

26 comentarios

R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. Avatar Xosé di:

    Uha boa nova para para R é para tódolos clientes. Longa vida a nós TV! Moitas grazas polo compromiso.

  2. Avatar Galaico di:

    Parabéns á R por acoller un proxecto netamente galego. Os que seguimos apostando dende sempre por Riba tamén vemos recompensado o seu espíritu de compromiso só con Galicia. Ánimo a nova etapa a Nos-TV

  3. Avatar Louxas di:

    Así construimos país, aínda que os cartos marchen fora, mágoa !

  4. Avatar Julio Fernando González Fernández di:

    Buenas noches: Yo mas buen quisiera tener un cabal de tv en español para todos aquellos que son gallegos y que no hablamos ni entendemos el gallego. Yo viví en América(en Argentina y en Venezuela) y mi madre era de La Coruña y nunca me habló en gallego y mi padre era vasco, de Vitoria y, por supuesto, no hablaba gallego. Por lo tanto, como español y gallego de de nacimiento, me gustaría ver programas tambien en español. En la televisión vasca ETB(creo que es así), los vascos bien saben que la gran mayoría de la población no habla el euskera y si tieben programas en español. Yo creo que es una discriminación hacia los españoles y gallegos no hablantes y además hay que respetar que el español es el otro idioma cooficial con el gallego. Por lo tanto mi sugerencia, como español y gallego, que no nos discriminen y nos obliguen a ver tres canales de televisión solamente en gallego. Este es mi reclamo.

    • Hola, Julio Fernando.

      Como sabes, en nuestra parrilla de televisión hay más de 100 canales. El 90% de ellos están en español y están disponibles para el usuario. Tienes La1, La2, Antena 3, Cuatro, Telecinco, laSexta, Trece, Andalucía TV, Televigo, Intereconomía, Caracol Televisión, Russia Today en Español, Cubavisión, TeleSur y el resto de canales de series, deportes, películas y documentales que están en español y que puedes consultar en https://parrillatv.mundo-r.com/parrillatv/

      Recordar también tenemos canales en inglés, en portugués y francés, por ejemplo, con lo que el cliente decide lo que quiere ver, no es que nosotros impongamos unos y otros contenidos. El cliente decide con el mando qué ver.

      Comentamos con cualquier duda.

      Un saludo.

  5. Avatar meendinho di:

    Parabéns R. Un magnífico proxecto: música, língua, cultura, deportes, telexornais, entrevistas, documentáis….. Adiante e a medrar. Eis o meu apoio.

  6. Avatar Fazu di:

    Que boa nova!!

    Gustaríame saber se está dispoñible para os que temos no combo a televisión básica, sen decodificador.

    Graciñas!!

  7. Avatar Rosa di:

    Estupenda a incorporación desta canle de TV en galego. E necesario ter medios en galego pa normalizar o galego en Galiza que cada vez vai máis en retroceso grazas ao apoio do noso governo galego.

  8. Avatar Manuel di:

    Parabéns a R pola incorporación desta nova canle.

  9. Avatar José Luis di:

    Pois eu teño o combo 200 familia HD + nenos HD e non me aparece a canle por ningún lado, nin na canle 119, nin en ninguna outra

  10. Avatar Ángeles di:

    Non sei que pasa, eu non a poido ver.
    Una nova boa.

  11. Avatar María Perez Gandoy di:

    Espero non sexa unha canle de propaganda política, se é así eu nona ollarei, xa temos de mais.

  12. Avatar Miguel di:

    Estupendo! Só espero que esta nova canle mostre unha Galicia progresista, nova, aberta e plural. Sen censura!! Ánimo

  13. Avatar Salvador di:

    Pois eu non o dou visto , o por o canal diceme que non existe

  14. Avatar Atila di:

    Independientemente del idioma, programas de muy baja calidad, canal mediocre. R desde que cambio de manos, en declive y cuesta abajo.

    • Hola, Atila.

      Siento que pienses así. En los últimos meses la televisión R ha mejorado sensiblemente. No solo hemos incorporado este canal, sino 10 más: Motorvisión TV, Garage TV, Xtreme Sports, UBEAT, La Liga 123 TV, Nick Jr, Baby TV, Disney Pop Pick, MTV, MTV Music y MTV Live.

      Es decir, hay mayor variedad de contenidos, tanto en deportes, como en infantil, música y temas próximos, y el precio lo hemos mantenido igual.

      Un saludo.

    • Avatar JBL di:

      ¿Y qué tendrá que ver R, Movistar o la que sea con el contenido de un canal?. ¿También es cosa del cambio de manos la basura de Telecinco? Hay que pensar un poco las cosas antes de soltar cualquier barrabasada, mira que hay cosas que sí son achacables a los cambios de propietarios y de políticas de empresa y escoges algo que nada tiene que ver…