menú

Noites de Tribeca, noites de festival

28/03/2019
Blog R

Todos os luns de abril poderás gozar na túa televisión R, xunto con Sundance TV, das mellores longametraxes e documentais dun dos festivais de cine de máis importancia do panorama internacional como é o  Festival Tribeca de Nova York.

Noites de Tribeca

Todos os luns do mes de abril, ás 22:30 horas, poderás desfrutar dunha película ou dun documental do Festival Tribeca.

  • Luns 1 de abril: Adult Life Skills (2016). Galardoada co Premio Nora Ephron en dito festival. Unha comedia na que unha moza que vive no xardín da súa nai, se ten que enfrontar á chegada da madurez.
  • Luns 8 de abril: De latir mi corazón se ha parado (2005). Galardoada á Mellor Banda Sonora no Festival de Berlín e mellor película de fala non inglesa nos BAFTA. É un remake de Melodia para un Asasino de 1978.
  •  Luns 15 de abril. Seraching for Sugar Man (2012) Galardoado cun Óscar foi tamén nomeado como mellor Premio do Xurado ao mellor Documental en Tribeca 2012.
  • Luns 22 de abril. Tengo algo que deciros (2010). Foi Mención Especial do Xurado no Festival Tribeca 2010. É unha divertidísima comedía italiana na que unha moza homosexual, planea facelo público nunha cena familiar chea de convencionalismos.
  • Luns 29 de abril. Maine (2018). Unha estrea totalmente exclusiva. A actriz española, Laia Costa, dá vida a unha moza que nos Montes Apalaches decide xuntarse na súa ruta con outro mozo. Foi nomeada a mellor película na ultima edición deste festival.

Onde podo velo?

Poderás ver todo este contido se tes algunha destas dúas opcións de televisión R: opción cine ou tv festa rachada.

Se xa tes a túa televisión R pero non tes estas opcións e queres gozar de todo este contido non dubides en contratalo aquí, e nun par de horas poderás estar desfrutando de todos os nosos contidos.

Como xa sabes, depende se vives en Galicia ou León terás que sintonizar un dial diferente.

  • Galicia: dial 9
  • León: dial 42

rebobina

Se perdes calquera luns porque non chegaches do gym, estás a tope coa cea ou porque fuches de cañas, non te preocupes, poderás velo de novo en rebobina.

Se tes calquera consulta, no dubides en facer as túas preguntas e intentaremos resolvelas coa maior axilidade posible.

Un saúdo.

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.