
Nick Jr, a nosa canle convidada en decembro
Este Nadal temos grandes noticias para os máis peques da casa. A canle Nick Jr emitirase en aberto para todos os clientes de televisión R dende o xoves 17 de decembro.
Que nos espera en Nick Jr en decembro?
En decembro chegan novos episodios de ‘Blaze y los Monster Machines’, a serie interactiva de debuxos animados para a etapa preescolar que trata sobre Blaze, o mellor coche todoterreo do mundo e o seu amigo e condutor, AJ.
Non podía faltar á súa cita coa canle ‘La patrulla canina’, cun novo capítulo e un maratón de estrea no que os cachorros se terán que unir, ao estilo da policía, para resolver o misterio e deter a uns molestos piratas.
Este mes de decembro tamén chega ‘Barbapapa’ a Nick Jr. Unha nova serie na que o seu protagonista conta as divertidas aventuras dunha familia moi especial, a de dous pais e os seus sete coloridos fillos capaces de cambiar de forma á súa vontade.
Ademais, seguiremos recompilando pistas para resolver crebacabezas con Blue en ‘¡Pistas de Blue y tú!’ e desfrutaremos dun divertido Maratón de Nadal cos mellores episodios de Nadal dos teus programas favoritos de Nick Jr.
Prepárate para desfrutar ao grande este mes de decembro coa canle Nick Jr en aberto ata o luns 11 de xaneiro.
E a partir de xaneiro podes dispoñer da canle Nick Jr dentro do paquete TV total.
6 comentarios
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
En que numero de canal se ve?
Hola, Carlos.
Puedes verlo en el dial 150.
Un saludo.
Boas, eu teño tv ocio, podo ter activo este canal? Como se activa?
Ola, Fran.
Podes acceder á canle no dial 117.
Un saúdo.
Hola estuve buscando el canas y no lo. consigo, donde lo encuentro?
Hola, Mayra.
El canal se emite en el dial 150.
Un saludo.