menú

O mellor de Netflix para marzo, na túa televisión R

04/03/2021
Blog R

Lembras que podes acceder a Netflix directamente co deco 4K da túa televisión R? Tan fácil como pulsar un botón e poderás desfrutar dos mellores contidos de entretemento. Contámosche algúns dos contidos máis destacados que poderás ver en marzo.

‘Sky Rojo’

Dos creadores de ‘La Casa de Papel’, o venres 19 chega a Netflix ‘Sky Rojo’, protagonizada por Verónica Sánchez, Miguel Ángel Silvestre, Lali Expósito, Yani Prado e Asier Etxeandia.

Tres mulleres emprenden unha fuxida salvaxe e delirante na procura da liberdade mentres escapan dun proxeneta e os seus secuaces.

‘Akelarre’

Un grupo de mulleres vascas acusadas de bruxería son as protagonistas de ‘Akelarre’, un thriller de época sobre a bruxería e a inquisición española rodado en Euskal Herria en castelán e en éuskaro. A película, que conta coa colaboración de Euskaltel, foi nominada a 9 premios Goya e no seu elenco figuran un bo feixe de actores vascos, encabezados por Amaia Aberasturi. Estrea en Netflix o xoves 11 de marzo.

‘Loco por ella’

‘Loco por ella’ é unha comedia española que nos conta como Adri decide internarse na institución mental na que reside Carla, a enigmática muller coa que viviu unha máxica aventura dunha noite. Con Dani de la Orden, Inma Cuesta, Álvaro Cervantes e o galego Luís Zahera.

‘Tribus de Europa’

Arrincan as aventuras de tres irmáns que se ven obrigados a emprender un cambio no destino dunha nova ‘Europa’ fracturada en innumerables micro-estados con varias das chamadas ‘tribus’ loitando polo dominio sobre o continente. ‘Tribus de Europa’ é a nova saga post-apocalíptica que non perderás en Netflix.

‘Moxie’

Amy Poehler dirixe e protagoniza xunto con Hadley Robinson ‘Moxie’, adaptación da exitosa novela de Jennifer Mathieu que se estrea en Netflix o mércores 3. Inspirada no pasado subversivo da súa nai e a autoconfianza dunha nova amiga, unha moza tímida publica un folleto anónimo e denuncia o sexismo da súa escola.

‘Yes Day’

Cansada de negarse sempre a todo, unha parella deixa que os seus fillos poñan as regras durante 24 horas e entréganse a unha tola aventura. ‘Yes Day’, protagonizada por Jennifer Garner, chega o venres 12 a Netflix.


Preparado/a para desfrutar do mellor entretemento con Netflix e a túa televisión R?

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

4 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.
  1. MARÍA DEL MAR ÁLVAREZ di:

    Por este servicio… Se paga aparte?

  2. Eva di:

    Me parece abuso las tarifas que estoy pagando con limite de Gb en internet cada y q no llega a habitaciones contiguas , y con limite de GB en el mobil , además de tener q pagar yo Netflix aparte , cuando se está ofreciendo en otras compañías de líneas Netflix incluido, además ya tendría que tener fibra óptica , es muy vergonzoso