menú

Netflix vai a Eurovisión

25/06/2020
Blog R

Este ano quedamos sen Festival de Eurovisión debido ao coronavirus pero Netflix ten a mellor noticia para os moitos fans do popular festival de cancións. A súa receita chámase ‘Festival de la Canción de Eurovisión: La historia de Fire Saga’, unha comedia repleta de humor, amizade e, por suposto, música. Está dispoñible dende o venres 26 de xuño.

Un soño musical

Lars e Sigrit loitan por converterse en estrelas do pop nun importante concurso musical, onde a presión, os rivais e outros contratempos poñen a proba a súa relación.


Estes dous cantantes teñen a oportunidade das súas vidas cando o seu país lles ofrece ser os seus representantes na competición musical máis importante do mundo. Están listos para demostrar que vale a pena loitar polos soños, sen importar o inalcanzables que parezan.

Corenta e dous países e 180 millóns de espectadores. Crees que Lars e Sigrit levarán os ‘twelve points’ de Eurovisión?

Un elenco repleto de caras coñecidas

Will Ferrell e Rachel McAdams interpretan aos integrantes deste peculiar dúo musical rebosante de soños. Will é ademais coguionista desta comedia dirixida polo estadounidense David Dobkin. Completan o elenco Dan Stevens, a cantante e actriz Demi Lovato e Pierce Brosnan, entre outros.

Descubre á superestrela da música que levas dentro. Xa sabes que tes acceso directo a Netflix no mando a distancia do teu deco 4K 🙂

subscríbete ao boletín
recibe cada mes no teu correo todas as novidades e a información dos teus servizos R
* This field is required

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

*

0 comentarios

R Cable y Telecable Telecomunicaciones, S.A.U. é o responsable do tratamento dos datos persoais que nos facilites e trataraos para a xestión da túa solicitude de facer comentarios neste blog en base a unha relación contractual. Non cederemos os teus datos persoais a ningún terceiro, salvo que exista unha obriga legal. E só os compartiremos cos nosos provedores que deban ter acceso para prestarnos un servizo. Tes, entre outros, dereito a acceder, rectificar e suprimir os teus datos, como se explica na información adicional da política de privacidade da nosa web.
Ao facer clic no botón publicar comentario declaras coñecer e entender a política de privacidade da Sociedade.